O Concello organiza o obradoiro "Prevención do acoso callejero"

Monforte de Lemos, 22 de novembro de 2023. O Concello organiza dentro do Programa do 25N Día internacional contra a violencia de xénero, que ten por lema este ano “Que non te cale o machismo”, o obradoiro "Prevención do acoso callejero".

Este obradoiro é gratuíto e está dirixido a publico en xeral; para participar nel é necesario inscribirse previamente no CIM, a través do 982 416 350 ou no Centro Cívico.

A actividade terá lugar este venres 24 de novembro de 12.30 a 13.30 horas, no Salón de actos do Centro Cívico.

Organizado polo Concello, a través da Concellería de Muller e Igualdade, conta co apoio da Fundación Mujeres e está enmarcado no programa Standup, neste obradoiro de prevención do acoso nas rúas darase a coñecer un conxunto de ferramentas útiles para intervir de maneira segura cando se experimente ou se presencien situacións de acoso en espazos públicos.

O obxectivo do programa é formar á poboación para que o denuncien e así construír unha cultura na que o acoso nas rúas sexa visto coma un comportamento inaceptable.