Hoxe remata o obradoiro de prevención da violencia sexual "Con(Sentido)" dirixido a alumnado de ESO dos centros educativos de Monforte

Monforte de Lemos, 22 de novembro de 2023. Hoxe remata o obradoiro de prevención da violencia sexual "Con(Sentido)" dirixido a alumnado de ESO dos centros educativos do CPR PP Escolapios, o CPR Ferroviario, o CPR Torre de Lemos, así como os IES A Pinguela, Daviña Rey e Río Cabe.

Integrado dentro das actividades organizadas polo Concello arredor do 25N, “Que non te cale o machismo”, o obxectivo deste obradoiro foi facer que os alumnos reflexionen sobre determinadas conductas que están estendidas entre a poboación adolescente, e dotar de referentes e modelos axeitados para relación sans e adecuadas.

A encargada de levar a cabo este obradoiro, en sesións de 100 minutos, foi a psicóloga sanitaria Paula Sánchez, especialista en igualdade e violencia de xénero, que expora de forma dinámica e audiovisual contidos teóricos a través de exemplos facilmente recoñecibles, reais e sinxelos para a mocidade facilitándolles as ferramentas claves para que camiñen cara un modelo afectivo desde os coidades e o bo trato baseado na igualdade.   

Esta actividade está financiada con cargo aos fondos transferidos pola Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, para o desenvolvemento de novas o ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o exercicio 2023.