Monforte de Lemos, 7 de outubro de 2023. O Concello de Monforte súmase mañá domingo 8 de outubro á campaña internacional Unidos pola Dislexia, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul turquesa.
A Federación Española da Dislexia ten por obxectivo, a través da iluminación de edificios emblemáticos desta cor azul turquesa, facer visible este trastorno da aprendizaxe que perxudica á lectura e á escritura. A campaña busca así sensibilizar sobre esta dificultade específica da aprendizaxe que se calcula afecta ó 10% da poboación mundial e busca garantir unha educación e un futuro en igualdade de condicións e oportunidades que o resto dos concidadáns.
“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa, facéndoa así extensiva a toda a cidadanía, iluminando para elo de cor azul turquesa a Torre da Homenaxe, pois este trastorno da aprendizaxe calcúlase que en España afecta a 4,6 millóns de persoas e a 800.000 nenos e nenas dos cales so o 33% recibe a atención profesional necesaria”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca.
A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, cuxo trazo principal é unha dificultade de específica e significativa no desenvolvemento das habilidades para a lectura e escritura, que non pode explicarse unicamente pola idade mental, problemas da precisión visual ou unha escolarización inadecuada, segundo defíneo a Organización Mundial da Saúde.
A dislexia é unha falta de habilidade para identificar os sons do fala e para comprender como estes se relacionan nunha estrutura de significado. Pode afectar outras habilidades da linguaxe como: a ortografía, a escritura e a pronuncia de palabras. Tamén existen dificultades de comprensión, memoria a curto prazo, acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda, así como dificultades nas nocións espazo-temporais, entre outras.
Segundo a Federación Española da Dislexia, o principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co sistema educativo actual, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes realízanse a través do código escrito, polo cal o neno disléxico non pode asimilar certos contidos de materias como Coñecemento do Medio, porque non é capaz de chegar ao seu significado a través da lectura. O neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas.
A dislexia, supón moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda ou dificultades nas nocións espazo-temporais.
A dislexia non é unha enfermidade, é unha condición do ser humano como calquera outra. Aínda que as causas exactas da dislexia non están completamente claras, a neurociencia mostra que a dislexia ten unha orixe neurobiológico. Afecta as zonas do cerebro que procesan a linguaxe e a comprensión de información. As imaxes cerebrais mostran que, cando a xente con dislexia le, usa partes do cerebro distintas ás que usan as persoas sen dislexia.
Calcúlase que só o 33% dos nenos e nenas con dislexia reciben a atención profesional necesaria. E estímase que as dificultades de aprendizaxe causan o 65% do fracaso escolar.
A avaliación e intervención temperá produce os mellores resultados. A maior parte das persoas con dislexia pode ter éxito na escola coa axuda dun programa de ensino especializado, así como cos axustes e adaptacións metodologias ou de acceso correspondentes. O apoio emocional tamén xoga un papel esencial na construción de autoestima fronte ás dificultades que presenta este trastorno do neurodesenvolvemento. En ocasións, a dislexia permanece sen ser identificada ata a etapa adulta, así que nunca é tarde para buscar axuda e desenvolver estratexias compensatorias.
O atraso na identificación da dislexia afecta autoestima de quen ten padécea. É de vital importancia recoñecer os síntomas desta dificultade de aprendizaxe canto antes no ensino primario e iniciar unha instrución específica de inmediato. Recibir unha identificación e un diagnóstico temperáns é fundamental para permitir que o alumnado con dislexia desenvólvase co maior éxito posible na etapa educativa na que se atope. A experiencia demostra que de non identificar, diagnosticar e intervir de forma temperá as consecuencias educativas e sociais e laborais na súa vida adulta poden ser moi graves.