A Coral Polifónica de Monforte, a Coral Polifónica de Sarria e a Coral de Adultos do Conservatorio de Viveiro protagonizan mañá o Concerto de Corais de Nadal na igrexa da Nosa Señora da Antiga

Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2023. A Coral Polifónica de Monforte, a Coral Polifónica de Sarria e a Coral de Adultos do Conservatorio de Viveiro protagonizarán o tradicional Concerto de Nadal de Corais do Concello de Monforte,  que supón ano tras ano unha cita ineludible e moi querida polos monfortinos e monfortinas dentro da programación do Nadal municipal.

Deste xeito, o concerto será este venres 22 de decembro ás 20:00 horas na a Igrexa da Nosa Señora da Antiga de Monforte, con entrada gratuíta para todos os públicos.

PROGRAMA:

Programa Concerto Corais Nadal 2023 Concello de Monforte