Corte no subministro de auga na rúa Escultor Francisco Moure, para actuación de mellora

Monforte de Lemos, 10 de novembro de 2023.

O Concello de Monforte informa que na mañá de hoxe levouse a cabo un corte no subministro de auga na rúa Escultor Francisco Moure, 68.

O corte realizouse para proceder a levar a cabo unha mellora nunha acometida na rede xeral de abastecemento no edificio da citada rúa.

Agárdase que o restablecemento do subministro de auga se poida producir o antes posible.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que este corte na rede de auga poida ocasionar.