O Equipo de Goberno participa en Monforte nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar

Monforte de Lemos, 12 de outubro de 2023. A 1ª Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, e o outros membros da corporación municipal, así como outras autoridades e alcaldes da zona, participaron hoxe na celebración que tivo lugar na cidade con motivo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil.

Os actos consistiron nunha misa na Igrexa da Estación na honra á Virxe do Pilar para, posteriormente, trasladarse ó Club Fluvial, no que tivo lugar a degustación dun viño español.

O Alcalde, José Tomé Roca, participou, en calidade de Presidente da Deputación de Lugo, participou nos actos conmemorativos celebrados na honra da Virxe do Pilar que tiveron lugar na igrexa de San Francisco Javier e na Comandancia da Garda Civil de Lugo.