Mañá dia 9 nova obra de teatro programada polo Concello de Monforte

Mañá dia 9 nova obra de teatro programada polo Concello de Monforte

-O Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, Educación e Xuventude, está a desenrolar a carteleira de teatro que terá lugar entre xaneiro e maio no Edificio Multiusos.

-O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a participar na programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, dentro da aposta decidida que este goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.

-As entradas costarán 5 €, sendo para nenos, estudantes, desempregados e xubilados de 3 €. As entradas venderanse ata completar o aforo, seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.

Monforte de Lemos, 8 de marzo de 2023. O Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, está a desenrolar a programación de teatro da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o primeiro semestre do ano 2023. As representacións teatrais desenvolveranse dende o 26 de xaneiro ó 4 de maio.

A carteleira está conformada por un total de 6 postas en escena destinadas na súa maioría ó público adulto. Tamén se ten en conta o público infantil que terá a súa propia oferta cultural.

O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a participar na programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, dentro da aposta decidida que este goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.

Funcións do 26 de xaneiro ó 7 de maio

A programación iniciouse o 26 de xaneiro coa obra Smoke on the water, espectáculo para público adulto, con música en directo, que mestura o humor negro coa crítica social a cargo do  grupo Ibuprofeno Teatro.

Olivas negras representará mañá día 9 de marzo, Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva, un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica cunha historia de auto superación e empoderamento feminino.

A representación poñeranse en escena no Edificio Multiusos do Concello de Monforte, en horario de tarde, ás 20:15 h.  A entrada xeral será dun importe de 5 € pero tamén haberá entradas bonificadas para nenos, estudantes, desempregados e xubilados a un importe de 3 €.

A Concellería de Cultura incidiu no compromiso que mantén o Concello de Monforte de brindarlle á veciñanza unha oferta cultural de calidade coa difusión de espectáculos variados e para tódolos públicos entre os que se atopa a programación teatral para este primeiro semestre de 2023.