O Alcalde de Monforte, José Tomé, presenta 11 novos proxectos para mellorar 13 rúas da cidade de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé, presenta 11 novos proxectos para mellorar 13 rúas da cidade de Monforte.

- O Alcalde de Monforte, anunciaba onte pola mañá importantes melloras en 13 rúas da cidade. Estas obras son o resultado de once novos proxectos que se executarán despois de Semana Santa.

- Estes proxectos constitúen, tal e como explicou o Alcalde “a continuidade do Programa de actuacións a desenrolar polo Equipo de Goberno co obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó Concello”.

Monforte de Lemos, 23 de marzo de 2023. Onte pola mañá o Alcalde de Monforte, José Tomé convocou á prensa para explicarlles o desenrolo de once novos proxectos que comezarán a executarse despois de Semana Santa e que van a dar como resultado a importante mellora de 13 rúas da Cidade que se teñen que engadir ó esforzo feito dende o Concello durante estes últimos anos por mellorar as  infraestructuras existentes.

O Alcalde para explicar as actuacións que se van a desenrolar nos 11 proxectos, clasificou as obras por grupos dependendo da mellora que se vai facer nelas e co propósito de simplificar a información. José Tomé detallou os 6 grupos do modo seguinte:

1- Un primeiro grupo de melloras correspóndense coas RÚAS CURROS ENRIQUEZ, RÚA PONTEVEDRA, RÚA RIBEIRA E RÚA CANEIRO que presentan un firme da vía algo deteriorado e polo tanto aconséllase unha actuación completa de renovación do firme que fai necesario proceder ao fresado de toda a superficie da vía, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e por último, o pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados.

Nestas catro rúas, o firme baise facer a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e as marcas viais reflexivas de 12 cm con pintura reflexiva e microesferas de vidrio. Esta misma pintura será utilizada para as marcas viais de símbolos e cebreados.

Ademáis  DESTO, na Rúa Caneiro, farase un recalce das tapas de rexistro na calzada con dado de Formigón, para nivelar a rasante e colocar novas rexillas para a captación de pluriais.

-      Trataríase polo tanto dunha renovación completa do pavimento nun total de 852 metros lineais (297m na Rúa Curros Enríquez, 328 m. nas Rúas Pontevedra e Ribeira e 227 m. na Rúa Caneiro) CUN ORZAMENTO TOTAL DE 118.800,49 € dos que 37.706,45€ corresponden á Rúa Curros Enríquez, 39.929,93€ á Rúa Caneiro e a diferencia, 41.164,11€ ás outras dúas rúas mencioadas.

2-  Temos outro grupo de melloras que se realizarán nas RÚAS FONTECHA,TOMÁS VÁZQUEZ E O CAMIÑO LATERAL AO MUSEO DO FERROCARRIL que presentan o firme que aconsella unha actuación completa de renovación do mesmo, sendo necesario proceder ao fresado dos entronques iniciais e finais das vias mencionadas previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

En estas tres rúas vaise proceder ao fresado do firme, ao barrido do firme nas zonas afectadas por medios mecánicos, e o firme farase con aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e tamén se realizará o recalce das tapas de rexistro en calzada en dado de formigón.

Ademais nas Rúas Tomás Vázquez e Fontecha procederase ao pintado de marcas viais incluídos símbolos e cebreados con pintura reflexiva e microesferas de vidrio.

-      Trataríase polo tanto dunha renovación completa do pavimento nun total de 673 metros lineais. (105m na Rúa Tomás Vázquez, 201 m. na Rúa Fontecha e 367 m. no camiño lateral ao Museo do Ferrocarril) e cun ORZAMENTO de 59.672,3 € repartidos do modo seguinte: 13.699,42 € para a Rúa Tomás Vázquez, 22.140,99€ para a Rúa Fontecha e 23.831,89 € para o lateral do Museo do Ferrocarril.

3-  O terceiro grupo de melloras afecta ás RÚAS SANTIAGO E RÚA INCIO nas que ademáis do fresado nos entronques iniciais e finais da vía previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente, hai que proceder á apertura da caixa e rechear con zahorra compactada . En ambos casos utilizarase tamén aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor  e na Rúa INCIO, as melloras completatanse co recalce das tapas de rexistro e co pintado das marcas viais , de símbolos e cebreados.

Neste caso, trataríase da renovación completa do pavimento nun total de 550 metros lineais. (210m na Rúa Incio e 340 na Rúa Santiago) e estaríamos a falar dun ORZAMENTO DE 65.499,86 € dos que 28.584,45€ serían da Rúa Incio e a diferencia, 36.915,41€serían da Rúa Santiago.

4-  En cuarto lugar, temos que facer referencia as melloras que se van a facer na RÚA TRAVESÍA A VEIGA na que tamén se procederá a unha renovación completa do firme pero neste caso é preciso proceder á apertura da caixa, poñer base de pedra en toda a superficie e un triple rego asfáltico.

Estaríamos a falar dunha intervención en 131m lineais e dun ORZAMENTO de 10.852,90 €.

5-  En quinto lugar, temos un proxecto que afecta ás RÚAS IRMANDIÑOS E MATO nas que tamén se procederá a unha renovación completa do firme, unha delas vaise fresar nos entronques iniciais e finais pero a outra vaise fresar completa previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm de espesor.

Estaríamos a dunha intervención en 273 m lineais concretamente 183m na Rúa Irmandiños e 90 m na Rúa Mato, e supón un ORZAMENTO de 16.071,63 €

6-  Xa por último, ímos a detallar as melloras que se van a facer na TRAVESÍA MALECÓN- A PEÑA. Neste caso, hai un tramo da rúa que se atopa deteriorado e con unha acera nun dos lados que está en mal estado. Ademáis na zona inferior que é mais ancha, provócanse aparcamentos desordeados con bastante frecuencia. Polo tando, vaise colocar un novo pavimento de formigón semipulido, unha acera de bordillo de formigón e baldosas de cemento nun dos laterais e do outro lado, vanse crear 3 plazas de aparcamento e rematarase a acera de pedra que hai na actualidade. Por último, pintaranse as marcas viais.

Esta intervención afectaría a 45 m de lonxitude total e o ORZAMENTO sería de 26.903,45 €

-En total, os investimentos para a mellora destas 13 rúas alcanzan os case 300.000 euros, concretamente, 297.800,63 €.

O rexedor concretou que as obras vanse a contratar xusto despois de Semana Santa e anunciou ademáis que “próximamente  tamén se iniciarán actuacións no Barrio do CASAR e nalgunha pista rural que debido á extracción de madeira con camións pesados deterioráronse e bacheáronse, por iso, queremos rexeneralas o antes posible”.

A explicación do Alcalde de Monforte rematou coa afirmación por parte de Tomé de que con estas obras, prácticamente todas as rúas da cidade foron melloradas e tal e como dixo o rexedor, “isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non olvidamos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.