O Alcalde de Monforte e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño- Sil, asinan o convenio para unha nova depuradora no Polígono Industrial de Reboredo.

-José Tomé Roca e José Antonio Quiroga asinaron o convenio para a construción dunha nova depuradora, mellora do saneamento e canalización das augas depuradas.

-A inversión ascende a preto de 5 millóns de euros, concretamente 4.600.000 euros, que coas liquidacións que se practican ao final da obra, case seguro que rondará os 5 millóns.

- O convenio foi aprobado no Pleno ordinario do día 30 de xaneiro e entrará en vigor cando se publique no Boletín Oficial do Estado e constitúe unha mellora importantísima do Polígono Industrial do Reboredo.

Monforte de Lemos, 20 de marzo de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga veñen de asinar o convenio que fará posible a construción da nova depuradora do Polígono Industrial do Reboredo.

Tal e como revelaron os estudios feitos sobre o funcionamento da EDAR existente na actualidade no Polígono, esta, non é capaz de someter a un tratamento adecuado as augas residuais xeradas polas diferentes industrias implantadas no mesmo.

Por outra banda, dende o Equipo de Goberno, estase a traballar na ampliación do polígono industrial xa que neste momento non ten capacidade para albergar mais empresas por estar ocupado ao 100% da súa capacidade e sin embargo si se coñece o interés por parte de varios empresarios de instalar as súas empresas nestas instalacións en canto teñan posibilidade.  Todas estas circunstancias puxeron de relieve a necesidade de dotar ao parque empresarial dun novo sistema de saneamento e depuración que sexa capaz de tratar de forma adecuada as augas residuais.

Deste modo, o Alcalde do Concello de Monforte  e o Presidente da Confederación Hidrográfica chegan a un acordo de cooperación entre Administracións para o interés xeral que se materializa na firma  do convenio de colaboración asinado na mañá de hoxe despois de ser aprobado no Pleno do 30 de xaneiro deste mesmo ano, e que fará posible estas actuacións tan importantes para o  parque empresarial e para Monforte.

O Alcalde sinalou que “vai supoñer un antes e un despois para o futuro crecemento desta zona industrial de Monforte” e  subliñou que “se trata dunha inversión que permitirá que o Polígono evolucione industrialmente e, como consecuencia, que haxa tamén un crecemento da actividade económica e de creación de postos de traballo, por tratarse dun servizo básico para que o Polígono funcione con normalidade”.

Custe e reparto da inversión

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil aportará un 85% da inversión, case 4 millóns de euros (concretamente un total de 3.910.000,00 €), distribuída en 3 anualidades do seguinte xeito:

     -2023: 490.485,15 €

     -2024: 1.793.500,00 €

     -2025: 1.626.014,85 €

Pola súa banda, o Concello aporta o 15%, preto de 230.000 €/ano de media, máis a parcela onde se ubicará a nova depuradora, sendo un total de 690.000,00 € de investimento, que queda repartido nas seguintes anualidades:

     -2023: 86.556,20 €

     -2024: 316.500,00 €

     -2025 : 286.943,80 €

A parcela na que se situará esta infraestrutura conta cunha extensión de 5.000 m2, tivo un custe de adquisición de 117.975,00 € (a 19,50 €/ m2 + IVE), e foi comprada a Suelo Empresarial del Atlántico coa previsión de cedela para construír a nova depuradora.

Por tanto, a aportación municipal ascenderá a un total 807.975,00 €.

Características da nova depuradora

“A nova depuradora”, explicou o Alcalde “terá capacidade para depurar o actual polígono completo e tamén ás ampliacións que temos en marcha, incluso se duplicáramos o polígono que hai neste momento”.

Vaise construír con dúas características moi importantes e previsoras para o futuro.

     1ª) Vai poder funcionar por módulos para que a calidade da depuración sexa a correcta, establecida nos parámetros que marca a lei.

     2ª) Vai ter posibilidade de ampliación, xa que estará dispoñible a parcela que ocupa a actual depuradora que son colindantes.

“Con esta obra tamén se vai mellorar moito o medio ambiente, xa que as augas depuradas vanse entubar dende a saída da depuradora do polígono, ata a depuradora de Piñeira, sen ningún vertido, o que significa que o regato do Carballo volverá a ter vida, recuperando o seu estado orixinal”, salientou José Tomé.

Pola súa banda, o Presidente da Confederación Hidrográfica explicou que a nova depuradora vaia cubrir as necesidades actuais e futuras con uns parámetros de vertido adecuados á calidade das augas. Tal e como afirmou Quiroga, está previsto que trate 1.000 metros cúbicos diarios de residuos ademáis de estar preparada para tratar residuos específicos como poden ser os lácteos. Salientou tamén a previsión dun colector de 1,5 km para levar os vertidos ao Rio Cabe quedando libre de vertidos o Río Carballal e dúas liñas de decantación secundaria e de reactores biolóxicos quedando espazo para unha terceira para cubrir o plantexamento de ocupación industrial do futuro sen ningún problema

Unha vez rematadas as obras, serán recibidas polo Concello que se encargará do seu mantemento no futuro.

O Alcalde rematou salientando que “con inversións deste tipo, o Polígono de O Reboredo, ten por diante un futuro esperanzador, que se reflexa na fase de crecemento que estamos a vivir tal e como demostra a próxima implantación de Karm Pharma ou a continua solicitude de información de empresarios interesados en instalarse no parque empresarial, polo que é necesario darlles os servizos idóneos que proporciones o aumento de tecido empresarial”.

A anunciada hoxe polo rexedor monfortino é unha inversión moi relevante que ven a completar outros convenios asinados como o Proxecto Construtivo de melloras na rede de saneamento cunha inversión de máis de 2 M de euros e que son o froito dun intenso traballo por solucionar os problemas de saneamento e subministro de auga na cidade.