Monforte de Lemos, 31 de marzo de 2023. Hoxe ás 12:00 h da mañá o Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro, e o representante institucional de Renfe, Javier Pérez, foron recibidos polo Alcalde de Monforte, José Tomé, no despacho de Alcaldía, acompañado pola Tenente de alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, previamente á inauguración do novo centro especializado en ciberseguridade ferroviaria, pioneiro en Europa.
A comitiva visitou as instalacións recén inauguradas e puideron interactuar cos primeiros traballadores incorporados xa aos seus postos de traballo, previo período de formación e capacitación que se estivo a desenrolar dende febreiro tamén na cidade de Monforte
Precisamente o pasado día 2 de marzo o Alcalde de Monforte, José Tomé, e o director xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, puideron reunirse e darlle a benvida aos 10 primeiros rapaces que estaban no período de formación para integrarse á plantilla do novo e único centro de competencias dixitais en Galicia. Estes traballadores foron elexidos de entre 108 currículums para detectar, analizar e correxir incidentes de ciberseguridade, utilizando as solucións tecnolóxicas mais avanzadas da industria.
O CCD está ubicado na Rúa Muiños de Antero, nun local de case 600 m2, no que se desenrolarán operacións de seguridade, formación e reunión e está previsto que no futuro poida ser a base para a creación e desenrolo de un Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo.
A inversión da compañía neste proxecto é de preto de 1 millón de euros e a previsión de plantilla estímase entre 35 e 40 traballadores neste momento inicial do proxecto pero que a medida que vaia evolucionando incorporará mais plantilla coa previsión de chegar a 100 postos de traballo según se vaia implantado no mercado o novo servizo.
Tal e como explicou Tomé “é unha satisfacción que remataran ben as xestións que fixo o Concello para que sexa en Monforte onde se instale o centro de operacións de ciberseguridade, que é pioneiro en Europa, colocando á cidade do Cabe, no mapa de innovacións tecnolóxicas”. “Ademáis -proseguiu Tomé- constitúe unha oportunidade de creación de emprego de calidade que permitirá fixar poboación na cidade”.
O rexedor quixo tamén agradecer a Renfe e a LogiRAIL o esforzo feito para axilizar todo o proceso de desenvolvemento do proxecto, que permitiu que se puidera adiantar á sua posta en marcha de forma considerable, xa que nun principio estaba previsto que comezase a finais de ano.
“A inversión que vai facer Renfe neste novo centro de actividades- continuou a decir Tomé- é dun millón de euros, unha cantidade importantísima para a posta en marcha desta iniciativa que é sólo o embrión do desenrolo futuro e que ofrece a posibilidade de permanecer na cidade a todos estes rapaces que de outra forma, con unha formación tan específica, terían complicado exercer a súa vocación en Monforte”.
Pola súa parte, o Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, mostrouse moi satisfeito de dar comezo ás actividades do centro de Monforte , que tal e como explicou responde á estratexia do reto demográfico do Goberno de España a través do seu plan de deslocalización de recursos que Renfe materializou con unha estratexia de posta en marcha de varios centros de recente creación. O Director Xeral manifestou, a continuación, que estes prazos se puideron facer realidade grazas á colaboración de Renfe e da xestión do Concello que lles facilitou atopar o local no que se instalaron, que ten inmellorables condicións, así como os espazos onde se impartiron os cursos de formación para os traballadores, que neste momento, xa forman parte da plantilla.
Pola súa banda, o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro, dixo estar encantado de poder vir a Monforte, ao seu pobo, con esta nova noticia e puxo en valor a empresa LogiRail que na actualidade ten máis de 3.000 persoas empregadas con unha facturación de 100 millóns de euros. Tal e como aseguraba, a ciberseguridade é un tema estratéxico para Renfe na actualidade, e polo tanto, este novo centro constitúe unha oportunidade moi importante de creación de emprego xa que a actualidade reclama que se teña que avanzar cada vez máis nos sistemas de seguridade da empresa, para evitar ataques indesexados.
O alcalde antes de finalizar a inauguración, quixo compartir cos presentes a celebración dun momento de importante prosperidade que está a vivir Monforte, coa implantación de novas empresas e iniciativas pioneiras que van a xerar emprego de calidade na cidade, e que seguro servirán para asentar poboación na Capital da Ribeira Sacra.