-José Tomé Roca presentou hoxe o Cartel e o Programa oficiais do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que terá lugar o 30 de xuño e os días 1 e 2 de xullo no Paseo do Malecón de Monforte e que contará coa participación de 30 adegas, que supoñen o número máis alto de participación nas 5 edicións que se levan celebrado do certame.
-Ademais, contará cunha zona de gastronomía, obraidoiros infantís, dúas VinoRutas pola Ribeira Sacra, e dous obradoiros para adultos de Cata de Viños da Ribeira Sacra, ademais dunha MASTERCLASS impartida por Alejandro Paadin.
-Tamén será novidoso o emprazamento das actuacións musicais do Festival, que se ubicarán no propio recinto do Festival, e que este ano se incrementan considerablemente en número, pasando de dúas a cinco e que terán lugar o venres, sábado e domingo.
-“A celebración deste evento”, subliñou o Alcalde, “pensamos que vai ser un reclamo importante para atraer xente a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, co fin de contribuír a dinamizar a economía da comarca, particularmente o mundo do viño, a hostalería e o comercio.” E engadiu que “queremos que o Festival siga medrando, que cada vez sexa máis atractivo e nos visite máis xente, e que contribúa de xeito importante á promoción dos nosos viños, da nosa paisaxe, da nosa gastronomía, dos nosos museos, dos nosos monumentos e da nosa cultura.”
-“En definitiva, queremos promocionar a Ribeira Sacra e Monforte, que é a súa capital, e animar tanto aos monfortinos como ás persoas que veñan de fora a que desfruten eses días en Monforte dun Festival do Viño único, estou seguro de que non se sentirán defraudados.”
Monforte de Lemos, 31 de maio de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deu a coñecer hoxe o Programa e Cartel oficial do que será a quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 31 de xuño ó 2 de xullo no paseo do Malecón da cidade.
“O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, é unha proposta diferente cun amplo programa de actividades que xiran en torno ó viño, que é o auténtico protagonista do Festival”, sinalou José Tomé.
Neste senso, o Alcalde destacou, o incremento no número de adegas participantes, que aumentou en dúas con respecto á edición de 2022, participando neste ano 30 adegas, que supoñen o número máis alto de participación nas 5 edicións que se levan celebrado do Festival do Viño. Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños que non deixarán indiferente a ninguén, nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.
“Estou convencido” sinalou o rexedor monfortino, “de que o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte seguirá sendo un evento de referencia no sur da provincia de Lugo, un evento destinado a público de todas as idades, onde quen nos visite poderá descubrir e sentir Monforte e a Ribeira Sacra a través da súa paisaxe, gastronomía e tradición e por suponto, do viño”.
Cartel oficial do Festival do Viño
No que se refire ó Cartel oficial do Festival, o Alcalde explicou que “este ano quixemos, conservar a esencia do produto que se vai a degustar, dándolle relevancia ao verdadeiro protagonista do Festival, que é o viño e por iso utilizamos unha imaxe real, concretamente, unha fotografía realizada durante a derradeira edición do Festival”.
Montaxe e deseño
En canto á MONTAXE E DESEÑO dos stands, continúa a linea de edicións anteriores coa utilización de madeira en cor natural, tonos violetas e granates misturados con elementos mais contemporáneos como é o aceiro en determinadas estructuras.
“Como novidade - explicou o rexedor- diseñouse unha importante zona de sombreado que abarca todo o recinto así como o acceso ao palco inaugural para que o visitante que se achegue, poda pasear polo espazo do Malecón máis comodamente e que o palco inaugural sexa utilizado como Fhotocall.
-Incorpóranse tamén Totems informativos co programa ao longo do recorrido para que o visitante poda seguir cada unha das actividades nos diferentes horarios.
Adegas participantes e Zona de gastronomía
As 30 Adegas participantes nesta cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, supón a participación máis alta das edicións que se levan celebrado, son:
1. Abadía da Cova
2. Adega Vella
3. Algueira
4. Alma das Donas
5. Asolagados
6. Barbadelo
7. Casa de Outeiro
8. Adega Corzoas
9. Cividade
10. Condado de Sequeiras
11. Cruceiro
12. Don Bernardino
13. EDV
14. Finca Cuarta
15. Finca Millara
16. Galanteiro
17. Guímaro
18. Gullufre
19. Lucenza
20. Malcavada
21. Petrón
22. Peza do Rei
23. Ponte da Boga
24. Priscillvs
25. Rectoral de Amandi
26. Sabaínzas
27. Tear
28. Tolo do Xisto
29. Val da Lenda
30. Viña Vella
Ademais, o Festival contará cunha Zona de Gastronomía que contribuirá a acompañar mellor a degustación dos viños, e na que participarán:
-“Queso negro. Buleri”
-“Lácteos Ribeira Sacra”
-“ Embutidos Valentina”
-“ Embutidos Suarna”
-“ Helados Xeou”
-“ Xamóns D. Francisco”
-“ Xamóns Roberto”
-“ Panadería Fernández”
-“ Panadería Tuiriz”
- E establecementos asociados a “E para comer Lugo”:
o Brasería Casa Reboiro
o Abadía de San Simón
Actividades para todos os públicos
Como en anteriores edicións, destinados ós máis pequenos terán diversos Obradoiros infantís:
SÁBADO 1 DE JULIO
12:30 a 13:30h. Contacontos. Anxo Moure.
19:30 a 20:30h. Alfarería Tradicional da Ribeira Sacra - Figulus.
DOMINGO 2 DE JULIO
12:30 a 14:00h. Taller circense. Circonove.
19:30 a 20:30h. Showcooking. Velaísca Animación.
Para adultos, organizaranse dous obradoiros de cata con diferente perfil:
SÁBADO 1 DE XULLO
11:30 a 12:30h. Taller de Análise Sensorial que abrangue diversos estilos a través das súas
variedades máis nobres.
13:30 a 14:30h.Taller de Análise Sensorial con viños elaborados a partir de variedades
ancestrais recuperadas.
Ademais, presentarase unha MASTERCLASS de 2 horas de duración aproximadamente e a
cargo de Alejandro Paadin, o cal é un coñecido sumiller ademais de outros cargos
importantes no sector do viño.
Esta masterclass terá lugar o Domingo 2 de Xullo ás 12:30 horas e tratara sobre “Viños da
Ribeira Sacra vs Viños Internacionais” .Cataranse un total de 10 referencias.
Todos estes talleres, incluíndo a masterclass son gratuítos e faranse na zona acondicionada
como Sala de Catas dentro do recinto do Paseo do Malecón. A capacidade en cada taller é de
30 persoas e é necesario facer reserva previa no teléfono +34 621 120 560 ou no email
2 VinoRutas para coñecer a Ribeira Sacra
O Alcalde tamén destacou a celebración doutra actividade que conta ano a ano con cada vez máis participantes. Trátase das 2 VinoRutas “que nos permitirán viaxar ó lugar de orixe onde contemplar o nacemento da uva e descubrir os encantos dos dous ríos que bañan as ribeiras, o Miño e o Sil. Unha experiencia única para sentir a vertixe da nosa viticultura heroica”.
VINORUTAS.
VinoRuta do Sil. “Tradición e Viñedos do Sil”. SÁBADO DÍA 1 DE XULLO
Ás 15:15h sairemos de Monforte de Lemos cara ao concello de Sober para visitar a adega
Rectoral de Amandi onde coñeceremos de primeira man os seus viños e a viticultura de
montaña. Despois viaxaremos ata a parroquia de Francos onde se atopa a adega Petron e
nunha visita guiada degustaremos os viños que fan famosa a D.O Ribeira Sacra. Despois
dirixirémonos ao peirao da Ponte do Sil para facer un fermoso paseo en catamarán polo río
Sil onde coñeceremos a súa historia e tradición nestas ladeiras con bancais así como o
espectacular Canón. Dende aquí volveremos cara Monforte de Lemos para desfrutar do
Festival do Viño.
Prezo: 20€ adulto e 10€ neno (ata 10 anos).
VinoRuta do Miño. "Os viñedos e o río Miño". DOMINGO DÍA 2 DE XULLO
Ás 10:15h sairemos de Monforte de Lemos cara ao concello do Saviñao para visitar a adega
Abadía da Cova, Adegas Moure. Adega familiar onde faremos unha cata guiada e
contemplaremos o meandro do Cabo do Mundo dende o seu espectacular miradoiro. Dende
aquí seguiremos cara á Praia da Cova para facer un percorrido en canoa polo río Miño,
desfrutando da súa paisaxe e do seu viñedo. A nosa próxima parada será na adega Pilares de
Belesar situada na pintoresca vila de Belesar rodeada de vides. Dende aquí voltaremos cara
Monforte de Lemos para desfrutar do Festival do Viño.
Prezo: 25€ adulto e 18€ neno (ata 10 anos).
Para máis información, reserva de VinoRutas e inscripción no Taller de Catas será necesario chamar ó teléfono de contacto 621 120 560 ou enviar un email a festivalmonforte@gmail.com.
En canto ás actuacións, o Alcalde presentou nesta edición dúas importantes novidades. Por un lado, aumentouse o número de actuacións musicais, pasando de 2 a 5 (4 actuacións musicais e 1 de danza galega) e por outro lado, a ubicación das mesmas, tamén é novidosa xa que van a ter lugar no propio recinto do Festival do Viño, no Paseo do Malecón. Un escenario estará situado detrás do ambulatorio e outro á altura do Centro Cívico.
-O venres día 30 de xuño ás 20:00 h, NEUTR que é unha compañía de baile que nos vai a deleitar cunha peza coreográfica na que se cuestionan os roles de xénero dentro da música e da danza tradicional galega.
Ás 23:00 h actuará a cantautora coruñesa SES cunha traxectoria ascendente e imparable e considerada pola prensa como a revolución do panorama musical galego.
-O sábado 1 de xullo, tamén ás 21:00 h, actuará DIBOA, unha banda de música popular brasileira con raíces galegas que fan versións modernas de música dos anos 60.
Ás 23:00 h actuará XISCO FEIJOO que tras un incesante traballo de recuperación etnográfica e colaboracións en espectáculos con artistas de proxección internacional, animouse a crear un proxecto propio cunha visión particular.
-E o domingo día 2 de xullo, actuarán ás 21:00 h, FILLAS DE CASSANDRA, grupo que fai Composicións que defenden á muller artística e vital fronte á súa invisibilidade e submisión o longo do tempo.
Promoción do Festival do Viño
José Tomé salientou a importante promoción publicitaria que levará a cabo o Concello de Monforte. “Agora que xa fixemos público o cartel e o programa oficiais, axiña comezaremos xa a difundilos para conseguir darlle a máxima visibilidade á celebración do Festival do Viño que vai acoller a nosa cidade nos primeiros días do mes de xullo”
O obxectivo é “que nos visite moita xente durante os tres días que vai durar o evento, que en definitiva debe supoñer o colofón a todas as feiras que se celebran en varios concellos da Denominación de Orixe do sur da provincia de Lugo”.
Deste xeito, o Concello fará unha promoción en toda Galicia a través dos carteis que serán colocados nas distintas cidades e pobos, no reparto dos programas en todas as oficinas de turismo, nos medios de prensa escrita a nivel provincial e de Galicia, en medios radiofónicos, en redes sociais en todo o mundo.
“A celebración deste evento”, subliñou o Alcalde, “pensamos que vai ser un reclamo importante para atraer xente a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, co fin de contribuír a dinamizar a economía da comarca, particularmente o mundo do viño, a hostalería e o comercio.” E engadiu que “queremos que o Festival siga medrando, que cada vez sexa máis atractivo e nos visite máis xente, e que contribúa de xeito importante á promoción dos nosos viños, da nosa paisaxe, da nosa gastronomía, dos nosos museos, dos nosos monumentos e da nosa cultura.”
“En definitiva, queremos promocionar a Ribeira Sacra e a Monforte, que é a súa capital, e animar tanto ós monfortinos como ás persoas que veñan de fora a que disfruten eses días en Monforte dun Festival do Viño único, estou seguro de que non se sentirán defraudados.”
Horarios e programación oficial
Os horarios de apertura e peche dos stands deste Festival do Viño serán:
- Venres 30 de xuño de 7 da tarde a 12 da noite, sendo á inauguración ás 8:15h da tarde.
- Sábado 1 de xullo, de 11 da mañá a 3 da tarde, e das 7 da tarde ás 12 da noite.
- E o domingo 2, de 11 da mañá a 3 da tarde e das 7 da tarde ás 10:30 h da noite.
O Programa Oficial do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023 será o seguinte:
VENRES 30 DE XUÑO
19:00h. Apertura dos stands.
20:00h. Neutrx. Actuación da Compañía de Danza de Fran Sieira.
20:15h. Acto de apertura do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023”. Pregoeiro
D. José Mouriño Cuba.
23:00h. Actuación de Sés.
00:00h. Peche dos stands.
SÁBADO 1 DE XULLO
11:00h. Apertura dos stands.
11:30h. Taller de cata. Variedades nobres.
12:30h. Obradoiro infantil. Contacontos Anxo Moure.
13:30h. Taller de cata. Variedades ancestrais recuperadas.
15:00h. Peche dos stands.
19:00h. Apertura dos stands.
19:30h. Obradoiro infantil. Olería Tradicional da Ribeira Sacra - Figulus.
21:00h. Actuación da banda Diboa.
23:00h. Actuación de Xisco Feijoó.
00:00h. Peche dos stands.
DOMINGO 2 DE XULLO
11:00h. Apertura dos stands.
12:30h. Masterclass de Viños da Ribeira Sacra vs Viños Internacionais con Alejandro Paadín.
12:30h. Obradoiro infantil circense. Circonove.
15:00h. Peche dos stands.
19:00h. Apertura dos stands.
19:30h. Obradoiro infantil showcooking. Velaísca Animación.
21:00h. Actuación de Fillas de Cassandra.
22:30h. Clausura do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023”.
Arquivo para descarga: