-José Tomé Roca deu a coñecer o programa musical das Festas Patronais da cidade con concertos masivos e gratuítos na explanada da Compañía.
-Os concertos empezarán o día 11 e rematarán o día 16 de agosto, con 6 concertos principais acompañados de orquestras que farán un previo e o peche das actuacións.
-Lucía Pérez, Mikel Erentxun, Antonio José, Tanxugueiras, Tekila, Gin Toni`s, América de Vigo e os grupos monfortinos Malenne e Deloreans son as actuacións contratadas para as Festas Patronais de Monforte deste ano 2023.
-As orquestras Panorama, Galilea e Ritmo Joven, completarán o cartel de actuacións musicais.
-O rexedor monfortino manifestou que “os concertos programados responden ao formato de Festas que se veñen facendo nos últimos anos, centradas en buscar variedade artística para dar satisfacción a públicos moi diferentes.”
Monforte de Lemos, 3 de maio de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e despois de escusar a ausencia da concelleira de Cultura, Marina Doutón, que por motivos laborais, non puido estar presente, deu a coñecer hoxe mediante rolda de prensa o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais 2023, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto.
Tal e como explicou o rexedor, a proposta foi aprobada hoxe mesmo na Xunta de Goberno Local e responde a un formato que se ven repetindo nestes últimos anos e que están centradas nunha variedade musical e artística para satisfacer a públicos moi diferentes tanto en idades como en gustos musicais.
Programa das Festas Patronais
O Alcalde, na súa intervención, aproveitou para explicar que haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras que farán un previo e un posterior peche das actuacións tratando de que o horario musical con carácter xeral, se ciña de 11 da noite considerado como o inicio ao remate entorno ás 4 da madrugada.
O programa completo de actuacións musicais é o seguinte:
-Día 11 de agosto, despois do pregón:
- LUCÍA PÉREZ. Cantante do Incio que actuará ás 24 h no escenario principal da Compañía rematando a súa actuación sobre a 1:30 da madrugada.
- MALENNE. O grupo monfortino Malenne dará continuación á actuación musical dende as 2 ás 3:30 da madrugada, tamén no palco colocado ao efecto, na Praza da Compañía.
-Día 12 de agosto:
- DELOREANS: ás 11:00 h iniciaranse as actuacións musicais co grupo monfortino Deloreans que actuará entre as 11 e as 12 da noite.
- MIKEL ERENTXUN: dará un concerto entre as 12 e a 1:30 da madrugada. Este cantante vasco que formou parte do dúo Duncan Dhu será este día a actuación principal.
- GIN TONI’S. A velada musical continuará coa actuación de Gin Toni’s que empezará á 1:30 h e rematará ás 3.30 da madrugada.
-Día 13 de agosto:
- Orquestra PANORAMA: Iniciará a súa actuación ás 12 da noite ata a 1:45 para volver nun 2º pase ás 3:15 ata as 4:30 da madrugada.
- GRUPO AMÉRICA DE VIGO: Este grupo compartirá a velada musical deste día iniciando ás 10:30 a súa actuación e rematará o 1º pase ás 12 da noite volvendo a actuar despois do primeiro pase da Orquestra Panorama.
-Día 14 de agosto:
- ANTONIO JOSÉ: O concerto principal deste día 14 correrá a cargo do artista Antonio José que é un dos artistas POP masculinos mais importantes de España e con gran proxección en países latinoamericanos. Iniciarase ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada.
- ORQUESTA GALILEA: Complementando o concerto principal actuará a Orquestra Galilea entre as 11 e as 12 nun 1º pase e de 1:30 a 3:30 da madrugada.
-Día 15 de agosto:
- TANXUGUEIRAS: O día grande das Festas Patronais actuarán como concerto principal As Tanxugueiras, un grupo de mulleres con moito éxito no momento actual. Actuarán entre as 12:30 despois dos fogos artificiais no Castelo de S. Vicente e as 2 da madrugada.
- GRUPO TEKILA: Acompañando o concerto principal do día da Patroa actuará tamén en 2 pases, a Grupo Tekila comezando o 1º entre as 11 e as 12 da noite e o 2º de 2 a 4 da madrugada.
-Día 16 de agosto:
- LUZ CASAL: O derradeiro día das festas actuará unha artista galega moi querida por todos e que será a protagonista do concerto principal dese día actuando despois dos fogos do río empezando ás 12:30 da noite e finalizando ás 2 da madrugada.
- ORQUESTA RITMO JOVEN: Para complementar o concerto de Luz Casal actuará a Orquestra Ritmo Joven que o fará en 2 pases dende as 11 ata as 12 da noite e dende as 2 ás 4 da madrugada.
A Xunta de Goberno Local considera que é unha programación moi axeitada con concertos de primeiro nivel para seguir mantendo as Festas Patronais de Monforte como un referente no interior de Galicia esperando que sexan moitos os galegos e galegas que visiten Monforte atraídos pola calidade dos concertos.O custe do conxunto das actuacións musicais, tanto de concertos como de orquestras ascende a 317.625 € e tal e como explicou o Alcalde, o importe coincide co custe que o Equipo de Goberno tiña previsto no orzamento para as Festas Patronais, explicando tamén que o que se vai a financiar coa partida aprobada no último Pleno ordinario do 24 de abril que afecta aos remanentes, son actividades e eventos do Gran Cultural, non estritamente das Festas Patronais.