O Concello celebra o “Día internacional da Muller” coa lectura do manifesto e obsequiando coas “plantas da igualdade” 

O Concello celebra o “Día internacional da Muller” coa lectura do manifesto e obsequiando coas “plantas da igualdade”. 

-Hoxe as 12.00 h na Praza do Concello celebrouse o considerado como acto central da celebración do “Día Internacional da Muller” coa lectura do manifesto en defensa da igualdade. Este ano, ademáis, o Alcalde e os demáis membros do Equipo de Goberno presentes, repartiron entre os asistentes, “plantas da igualdade”, unha representación metafórica do esforzo e coidado diario que temos que facer entre todos para conseguir a meta perseguida, a igualdade real na vida cotidiá.

-Ademáis deste acto tan simbólico, a campaña informativa e divulgativa “Monforte pola igualdade” e os obradoiros dirixidos a alumnos de primaria van a desenrolarse durante todo o mes de marzo coa finalidade de manter vivo o espírito do 8 de marzo, durante os 365 días do ano, para que a sociedade siga avanzando cara a igualdade real entre homes e mulleres.

Monforte de Lemos, 8 de marzo de 2023. O Concello de Monforte e o CIM non son alleos á importancia que ano a ano adquiren as actividades que se organizan arredor do día 8 de marzo, día Internacional da Muller.

O programa este ano vaise desenrolar baixo a mensaxe “A igualdade non é flor dun día”, un chamamento a manter vivo o espírito do 8M durante os 365 días do ano  para que a sociedade siga avanzando cara a igualdade real entre homes e mulleres tal e como manifestou a Concelleira de Muller e igualdade no manifesto que leeu as 12:00 h

O simbolismo da campaña

Segundo a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, a elección do lema ten un dobre simbolismo. Por  un lado, eleva a voz no día no que se producen máis actos e mostras de apoio á muller e á eliminación de todo tipo de discriminacións por cuestións de xénero, para destacar a importancia de manter prendida durante todo o ano a chama desta data. "Hoxe e sempre debemos cultivar a conciliación, a corresponsabilidade, o respecto... só así, alcanzaremos a meta, que é a igualdade”, asegurou a representante municipal.

Por outra banda, a mensaxe tamén pon en valor o traballo feito. “Se miramos atrás vemos que superamos importantes obstáculos, que a igualdade non é flor dun día, senón froito do esforzo de moitas xeracións ás que debemos tanto. Estamos máis preto, pero como sociedade temos a responsabilidade de seguir dando pasos cara adiante ata acadar o obxectivo. É a obriga de todas e de todos, seguir escribindo un presente e un futuro máis xusto”.

Mércores 8 de marzo, acto central do Día Internacional da Muller.

Ás 12:00 horas, tal e como é tradición, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López Rodríguez, procedeu á lectura do Manifesto pola igualdade na Praza do Concello acompañada polo Alcalde, José Tomé, varios membros do Grupo de Goberno e tamén membros da Corporación Municipal. No manifesto, Margarita López, dixo que hoxe é un día para alzar a voz en defensa dun mundo mais xusto e manifestou o chamamento que se fai dende Monforte para manter vivo o espírito do 8M durante todo o ano porque a igualdade non é flor dun día.

Tal e como explicou a Concelleira debemos facer un traballo diario en todas as esferas da vida para combater a discriminación por cuestións de xénero e como recoñecemento ao esforzo que fixeron as xeracións pasadas ás que Margarita quixo lembrar en agradecemento pola súa loita. Aínda asi, tal e como afirmou, queda moita loita por facer e por iso invitou aos presentes, a seguir esforzándose por conseguir unha igualdade real.

Para simbolizar a importancia de practicar a igualdade todos os días asociouse o lema a unha simboloxía relacionada coas flores, as plantas e as árbores transmitindo a necesidade de coidar, abonar e regar todos os días esta loita para que continúe medrando.

Con este fin, repartíronse no propio acto entre a cidadanía varios exemplares de “Plantas da Igualdade” que levaron para ás súas casas co compromiso de coidalas, do mesmo xeito que teríamos que coidar a igualdade.

Tras a lectura do manifesto, houbo unha actividade participativa na que varios rapaces, aportaron un puñado de terra ás Plantas da Igualdade, lendo en alto a aportación que cada un deles fai de maneira individual, con respecto a esta loita que é a de todos.

As plantas da Igualdade tamén se repartiu nos centros educativos entre os nenos e nenas de primaria e infantil fomentando unha educación en igualdade desde idades temperás.

Aínda que este se considera o acto central que coincide coa propia data de conmemoración  do Dia da Internacional da muller, dende a Concellería de Muller e Igualdade, deseñaron un amplo programa de actividades que se desenrolarán durante todo o mes e que, na súa maioría, van destinados ás pequenas e pequenos, porque a igualdade ten que tratarse dende a educación e a ensinanza destes valores dende as idades mais temperás.