O Concello de Monforte informa dunha rotura na rede xeral de subministro de auga que está a producir que algunhas zonas da cidade se vexan afectadas. Dende o Concello queren informar que se están a realizar todos os esforzos posibles para que o corte do subministro dure o menor tempo posible estimándose que quedará restituido nas próximas horas.
O Concello, que segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.