Monforte de Lemos, 1O de abril de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega dos premios correspondentes aos diferentes concursos convocados arredor da XIX Feira Medieval.
No acto de entrega de premios, que tivo lugar as 19:00 h do domingo día 9 na Praza de España, o rexedor monfortino estivo acompañado pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón. Ó acto tamén asistiron a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Sanidade, Drogodependencias, Tráfico e Mobilidade, Mª Pilar Espinosa, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé.
Os premiados e premiadas nas diferentes categorías foron os seguintes:
- VII Concurso de decoración de Balcóns Medievais:
1º premio.- Mª Belén Prieto, de rúa Falagueira)... 100€
2º premio.- Casino Ateneo, na Avda. de Galicia... 75 €
3º premio.- Afamón, na rúa Cardenal... 50€
- VIII Concurso de decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros:
1º premio.- Carpe diem, Hermida Balado,5... 200€
2º premio.- Phildar, Doctor Casares, 12... 100 €
3º premio.- Calzados Aira, Cardenal 15... 75€
- Concurso de Traxes Medievais:
- Infantil:
- Individual:
1º premio: Héctor Linares Magdalena... 50 €
2º premio: Beatriz Rodríguez Varela... 25 €
- Parellas:
1º premio: Ana e Belén Álvarez Díaz... 100 €
2º premio: Oliver e Edgar Quiroga Sarceda... 75 €
- Adulto:
- Individual:
1º premio: Mª Pilar Álvarez Ramil... 75 €
2º premio: Verona Campos Martínez... 50 €
- Parellas:
1º premio: Lucia Varela e Alberto... 175 €
2º premio: Mª Goretti Rodríguez e José Manuel ... 125 €
- Grupo:
1º premio: Mercedes Rodríguez Somoza... 275 €
O Alcalde felicitou a todos os premiados e animou á cidadanía, a seguir participando nos concursos organizados dende o Concello nas próximas edicións da Feira Medieval, xa que coa súa colaboración contribúen a que os visitantes se mergullen no pasado que se conmemora coa Feira.