Monforte de Lemos, 9 de outubro de 2023. O Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM) celebrará un Programa de formación para o Empoderamento de mulleres para o Emprego, que servirá ademais para conmemorar o “Día da Muller Rural”, que se celebra todos os anos o 15 de outubro.
“O obxectivo desta actividade”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “é axudar ás mulleres participantes a concretar mellor o seu obxectivo laboral, aprenderan a desenvolver as súas habilidades e competencias para o emprego e mellorarán a procura de emprego empregando técnicas mais adecuadas e os recursos que ofrece internet”.
Esta actividade está dirixida a mulleres, é gratuíta, e de carácter presencial e se impartirá o luns 16 e venres 20 de outubro na Sala de Informática do Centro Cívico Social (1º planta) en horario de 10:00 a 13:00 h. A formación será impartida pola Fundación Mujeres.
As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Dende o Equipo de Goberno do Concello, considera necesario seguir realizando un ano máis este tipo de actuacións para actualizar as competencias dixitais das mulleres, dotándoas de habilidades dixitais avanzadas para fomentar a xestión eficiente dos recursos dispoñibles na rede.
As competencias dixitais son esenciais na sociedade actual e aínda mais para as mulleres do rural, xa que estas habilidades non solo lles brindan acceso a un mundo de información e oportunidades en liña, se non que tamén, promoven o seu empoderamento e melloran a súa calidade de vida.
Nun mundo cada vez máis conectado, as competencias dixitais permiten ás mulleres rurais acceder a recursos formativos, busca de emprego,... ademais estas habilidades fomentan a participación activa na sociedade e fortalecen a resilencia en tempos de crise.
Sendo coñecedoras desta realidade entre as mulleres de Monforte, un ano máis, dende a Concellería de Muller e Igualdade decidiuse desenvolver este programa que potencia ditas habilidades e competencias dixitais.