A Tenente de Alcalde inaugura o roadshow que o Instituto Nacional de Ciberseguridade de España organiza na explanada da Compañía de Monforte

Monforte de Lemos, 14 de decembro de 2024. A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada Rodríguez, a experta de Ciberseguridad para Ciudadanía y Menores del Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (INCIBE), Cristina Gutiérrez Borge, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, inauguraron ás 11 da mañá de hoxe o roadshow de INCIBE ubicado na Explanada de la Compañía de Monforte. Na visita, estiveron acompañadas polos concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, e de Deportes, José Manuel Mougán.

O roadshow de INCIBE trátase dun camión despregable que viaxa por toda España para capacitar en materia de ciberseguridade a toda a cidadanía (desde familias e menores, ata público sénior). Este roadshow está deseñado e coordinado por INCIBE, entidade dependente do Ministerio de Transformación Digital, a través da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial.

En Monforte, permanecerá situado do 14 ó 17 deste mes de decembro, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h, con entrada gratuíta e para todos os públicos. En colaboración co Concello de Monforte, pecháronse visitas cos diferentes centros educativos da cidade.

 

Obxectivos da campaña

A través desta iniciativa, INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital.

Cabe destacar que se estima que, durante 3 anos, a experiencia do roadshow concienciará en ciberseguridade a preto de 300.000 persoas en toda España, para seguir avanzando no reforzo de capacidades e para facer fronte ás ciberamenazas e ó uso malicioso do ciberespazo.

Por iso, o fomento da cultura da ciberseguridade converteuse nun un dos eixos centrais a desenvolver polo Goberno de España a fin de contar cunha sociedade máis coñecedora das ameazas e desafíos ós que se enfronta.

 

Acerca do roadshow instalado na Explanada da Compañía

roadshow, unha vez despregado, é un espazo versátil, multifuncional e completamente accesible, que dispón de dúas grandes zonas, unha área interior e unha exterior, con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas, para que todos os participantes poidan divertirse á vez que aprenden a navegar de forma segura pola Rede.

En concreto, o espazo interior, capaz de acoller a 30 persoas, contará cunha área de gamificación para xogos en liña; zona expositiva de charlas e contidos didácticos; e un escape room, onde superar riscos dixitais e desenvolver accións para evitar e xestionar ameazas.

Á súa vez, no espazo exterior, con capacidade para 36 persoas, habilitarase unha zona de xogos e unha cabina para poder contactar co 017, o servizo  ‘Tu Ayuda en Ciberseguridad’  de INCIBE. Este formato permite manter a equidade no acceso á información e a capacitación a calquera nicho de poboación, achegando os contidos, medios e recursos a calquera colectivo, en calquera localización, en igualdade de condicións.

 

Experiencia INCIBE

La ciberseguridad y la confianza digital son dos de los retos más importantes a los que nos enfrentamos. Por ello, INCIBE ha puesto en marcha #ExperienciaINCIBE, un conjunto de experiencias itinerantes que, durante 3 años, recorrerán la geografía española con el fin de sensibilizar, concienciar, educar, promover y divulgar la ciberseguridad entre todos los usuarios.

Además del roadshow, actualmente, también está en marcha una segunda experiencia, el stand INCIBE, que está diseñado para todos los públicos, como punto de encuentro para las familias y los centros educativos, en aquellos eventos en los que participa INCIBE. Así, tanto los menores como los adultos, podrán aprender jugando, poniendo a prueba sus conocimientos en ciberseguridad, a través de los divertidos desafíos y juegos que ofrece la aplicación CyberScouts. Demostrarán así quién es el que más cultura de ciberseguridad posee y, sobre todo, adquirirán nuevas competencias para hacer un uso más seguro de los servicios de Internet.

 

Qué es INCIBE

El Instituto Nacional de Ciberseguridad es una entidad dependiente del Ministerio de Transformación Digital, a través de la Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, consolidado como entidad de referencia para el desarrollo de la ciberseguridad y de la confianza digital de los ciudadanos y las empresas. Además, es un motor de transformación social y oportunidad para la innovación, fomentando la I+D+i y el talento.