Monforte de Lemos, 19 de decembro de 2023. O Alcalde, José Tomé Roca, informa que mañá mércores 20 de decembro ás 18:00 horas e no Edificio Multiusos, nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal dentro da XXIII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.
A mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito, chega este ano á súa vixésima terceira convocatoria e ten como fin un ano máis espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.
Nesta 23ª edición os centros de ensino participantes son:
- Colexio PP. Escolapios
- Fundación Educativa Torre de Lemos
- Colexio P. Ferroviario
- CEE Infanta Elena
Programa XXIII Mostra de Panxoliñas
-INFANTA ELENA
“Cantiga do Apalpador”, a cargo de alumnos e alumnas do CEE
-COLEXIO FERROVIARIO
“Bienvenida Navidad”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación infantil
-FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS
“¡Ay Dios mío!”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación infantil
-COLEXIO PP. ESCOLAPIOS
“Aleluya”, a cargo do coro de Primaria
-FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS
“Eso que tú me das”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación primaria
-COLEXIO P. FERROVIARIO
“Carol of the bells”, a cargo de alumnos e alumnas de Educación primaria