Monforte de Lemos, 18 de decembro de 2024. O Alcalde, José Tomé Roca, informa que mañá xoves 19 de decembro ás 18:00 horas e no Edificio Multiusos, nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal dentro da XXIV Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.
A mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito, chega este ano á súa vixésimo cuarta convocatoria e ten como fin un ano máis espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.
Nesta 24ª edición os centros de ensino participantes son o Colexio PP. Escolapios, a Fundación Educativa Torre de Lemos, o Colexio P. Ferroviario e o CEIP Monforte.
PROGRAMA XXIV MOSTRA DE PANXOLIÑAS
Colexio P. Ferroviario
Fiesta en la villa de Santa
Alumnos e alumnas de Educación Infantil
Directora musical: Carla Fernándes Quiroga
Fundación Educativa Torre de Lemos
Los colores de la Navidad
Alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria
Dirección musical: profesorado 1º ciclo de Primaria
CEIP Monforte
Sueña la Tierra
Alumnos de Educación Infantil e Primaria
Dirección musical: Joseba Mikel Ortiz Angulo e Cristina Meijome Rivera
Colexio PP. Escolapios
Chegaron a pé
Coro de Primaria e ESO
Dirección musical: Maricarmen Castaño Aira e Noemi Rodríguez Rendos
Colexio PP. Escolapios
Más allá
Coro de Primaria e ESO
Dirección musical: Maricarmen Castaño Aira e Noemi Rodríguez Rendos
Colexio P. Ferroviario
Muxicas no ceo de Belén
Alumnos de 5º e 6º de Primaria
Directora musical: Beatriz Vázquez López