O Alcalde anuncia que este luns arrinca a 3ª edición do Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte organizado polo Concello

Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia que tal e como está previsto no programa do Verán Cultural do Concello, este luns 19 de agosto, dará comezo a terceira edición do Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos.

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e tivo cotinuidade en 2023 e “dado o éxito acadado, volvemos a incluílo na nosa programación de verán de 2024, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuacións de grupos monfortinos. Tan é así o éxito acadado, que se constituíron nestes tempos novos grupos de músicos locais”, subliña o Alcalde.

Neste senso, o ciclo é “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais, que ademais contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”.

O ciclo desenvolverase os días 19, 20, 21 e 22 de agosto, e o 3 e 4 de setembro.

Ó igual que na edición anterior, tres serán as ubicacións nas que 13 grupos monfortinos desenvolverán as súas actuacións musicais: a Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España.

Os grupos monfortinos protagonistas deste ciclo serán:

  • Luns día 19 de agosto: Galga Blues Band (22:30 h) e Bela Chaos (00:00 h), na Praza de España.
  • Martes 20 de agosto: Dinosaurios (22:30 h) e Doc Magoo's (00:00 h), na Praza da Compañía.
  • Mércores 21 de agosto: Vera Lynn (22:30 h) e El Mundo de Sofía Band (00:00 h)  na Praza da Estación.
  • O xoves 22 de agosto: Diana Tarín e Gonzalo Herrero (22:30 h) e Movilla y los Irrepetibles (00:00 h), na Praza da Compañía.
  • Martes 3 de setembro: Deloreans (22:30 h) e El Tarot de Toth (00:00 h), na Praza de España.
  • E mércores 4 de setembro: Entrecordas (22:30 h), Cerodouscero (23:45 h) e Los Jinetes del Trópico (01:00 h), na Praza da Estación.

Este ciclo de concertos é “unha aposta firme do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto ós nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinala o Alcalde. “En definitiva, o noso obxectivo é poñer en valor ós grupos musicais da cidade, incluíndoos no Programa do Verán Cultural, e dándolles así o recoñecemento que merecen”.