Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acudiu na tarde-noite de onte domingo 29 de setembro á festa de despedida que a centenaria panadería Carud ofreceu ós veciños e veciñas de Monforte, xa que pechou o sábado 28 as súas portas.
No acto, o Alcalde estivo acompañado polos concelleiros de Servizos, José Luis Losada, e Consumo, Regina López, así como polo propietario da panadería Carud, Felipe Grande.
Na festa de despedida, os asistentes puideron disfrutar de música en directo degustar empanadas variadas e bica ofrecidas de xeito gratuíto pola panadería, que permaneceu aberta 100 anos no barrio de Carude, 75 ininterrompidos, pola familia Rodríguez López.
O Concello de Monforte colaborou con esta festa de despedida, un xeito tamén de renderlle homenaxe a un dos negocios máis senlleiros da cidade.