O Alcalde anuncia como novidade a instalación por primeira vez de aseos públicos e de uso libre e gratuíto durante a celebración das Festas Patronais 2024 de Monforte

-José Tomé Roca ven de anunciar como novidade a instalación, por primeira vez, de aseos públicos e de uso libre e gratuíto durante a celebración das Festas Patronais de Monforte, para dar servizo ás  necesidades sanitarias das moitas persoas que se chegan a concentrar na zona da Compañía, durante a celebración das Festas.

-O Alcalde explicou que, por primeira vez, nas Festas Patronais, decidiu instalar 12 baños químicos, que serán públicos e de uso libre e gratuíto e que estarán en uso dende o luns 12 de agosto ata o venres 16, data na que finalizan as Festas.

-Tal e como explicou Tomé “os baños que terán servizo de limpeza e mantemento diario, estarán situados na zona de celebración das actuacións musicais, 6 ó inicio do Parque dos Condes, na zona da pérgola e 6 na zona arbolada do Parque da Compañía, que, como xa se sabe, son as localizacións nas que se producen mais aglomeracións de xente”.

-“En cada unha das ubicacións escollidas - proseguiu a explicar o Alcalde- colocaranse 5 aseos mixtos e 1 para persoas de movilidade reducida e desta forma, aumentarase considerablemente a oferta que se viña dando en anos anteriores, a través dos locais de ocio, que están funcionando nesta zona”.

Monforte de Lemos, 9 de agosto de 2024. José Tomé Roca  ven de anunciar a instalación de 12 aseos públicos e de uso libre e gratuíto durante a celebración das Festas Patronais de Monforte para dar resposta ás necesidades dos veciños e visitantes da cidade do Cabe, que acudan a desfrutar das Festas.

As Festas Patronais de Monforte son unha das grandes citas festivas do verán de Galicia, con prestixio xa recoñecido entre os amantes da música e dos eventos culturais  e tal e como se ven experimentando durante os últimos anos, cada vez acuden mais persoas, dispostas a desfrutar dos diferentes concertos musicais programados polo Equipo de Goberno.

Como todos os anos dende que organiza as Festas este Alcalde, dentro do Programa das Festas Patronais, actuarán artistas do panorama nacional, con amplia carreira e recoñecemento demostrado. A programación de 2024 vai a ser previsiblemente un éxito, por contar con artistas de prestixio recoñecido como Rozalén (martes, 13), Álex Ubago (mércores, 14), Álvaro de Luna (xoves, 15), La La Love You (venres, 16) ademáis das mellores orquestras do panorama musical actual, como Panorama (Luns, 12), América de Vigo (luns,12), Costa Dorada (martes,12) Acordes (xoves, 15) e Miramar (venres,16)  e que tal e como explicou Tomé, “todas elas, son de entrada gratuíta polo que en principio, está previsto que se achegue a Monforte, unha gran cantidade de persoas dispostas a desfrutar dunha Programación pensada para todos os públicos tanto en idade, como en gustos musicais, que se converteu xa, nunha cita obrigada para os amantes da boa música”.

O Alcalde, proseguiu coa explicación afirmando que “o número de visitantes á nosa cidade durante a celebración das Festas Patronais vai en aumento ano tras ano, motivo polo que dende o Equipo de Goberno, valoramos  a posibilidade de instalar 12 baños públicos durante os días que duran as Festas de Monforte, co obxectivo de que poidan reforzar o servizo que dan os distintos locais de restauración, comercios e bares, que se atopan nas proximidades das zonas onde actúan as orquestras, grupos musicais e artistas, contratados para a celebración deste evento”.

 “A zona destinada ás actuacións, - explicaba o rexedor - é a mais adecuada  para o desenrolo deste tipo de acontecementos, xa que está situada nunha ubicación idónea non só para que se reúna unha gran cantidade de xente de forma segura, senón que ademais,  está dotada con unha gran cantidade de bares, cafeterías, restaurantes, e en xeral, locais de ocio, dispostos a dar resposta ás necesidades de todos os veciños e visitantes que desfrutamos das Festas”.

“Sen embargo- proseguiu Tomé -e en previsión da gran acollida que está a ter o programa de Festas deste ano,  imos reforzar os servizos sanitarios coa instalación de 12 baños químicos de uso público  que se colocarán no punto xusto onde se prevé mais acumulación de persoas, é decir, na Compañía, de tal forma que 6 destes baños, se situarán na zona da Pérgola e os outros 6, na zona arbolada do Parque da Compañía. ”

“En cada unha das ubicacións escollidas - proseguiu a explicar o Alcalde- colocaranse 5 aseos mixtos e 1 para persoas de movilidade reducida, facendo un total de 12 baños químicos, que terán servizo de limpeza e mantemento diario e que serán de uso libre e gratuito”.

Tomé engadiu que esta medida, que se implanta este ano por primeira vez, espera que sexa ben acollida polos veciños, xa que se pretende aumentar os servizos sanitarios que xa tiñan dispoñibles.

O Alcalde quere, sen embargo, facer unha petición pública solicitando o uso responsable dos baños públicos e dun comportamento o máis cívico posible, intentando entre todos mantelos limpos, xa que “é imposible ter un servicio de limpeza continuo e constante e si cada unha das persoas que os utilice, fai un uso racional dos mesmos, conseguiremos entre todos, que estén en perfecto estado durante os cinco días que estarán dispoñibles para ser utilizados”.

Que esta iniciativa de implantación novidosa este ano, resulte útil e positiva, dependerá en gran medida do comportamento que cada un de nós teñamos no uso dos baños instalados para a ocasión. Por iso é necesario insistir, nun uso responsable das instalacións que tal e como afirma Tomé, “está seguro que serán coidadas polos veciños de Monforte que sempre son exemplo de comportamentos cívicos e educados tal e como veñen demostrando ó longo destes anos”.

Tomé quere aproveitar a ocasión para lembrar o programa íntegro das Festas Patronais 2024 que xa fora anunciado no mes de maio polo Alcalde, e que neste momento está de plena actualidade ó estar ás portas do inicio das Patronais. Ase mesmo, o rexedor fai unha invitación a “todos os veciños e amantes da música e da cultura de Galicia e do resto de España para desfrutar una ano mais, dunhas Festas organizadas con tanto agarimo e esforzo polo Equipo de Goberno que pretenden satisfacer a todos os públicos con actuacións para todas as idades de recoñecido prestixio dentro do panorama musical nacional e internacional”.

PROGRAMA MUSICAL DAS FESTAS PATRONAIS

-Domingo día 11 de agosto:

  • 20:30 h.- Pregón, a cargo de Isabel Pardo de Vera Posada, na Casa do Concello, logo da intervención institucional do Alcalde, José Tomé Roca.
  • 22:30 h.- ROSA CEDRÓN, na Praza de España .

-Luns día 12:

  • 22.30 h- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
  • 23:00 h.- Orquestra do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez, na praza de España
  • 00:00 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía
  • 02:00 h.- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía
  • 03:30 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía

-Martes día 13:

  • 23:00 h.- Os Parentes, na praza de España
  • 23:00 h.- Orquestra Costa Dorada, na praza da Compañía
  • 00:00 h.- ROZALÉN, na praza da Compañía
  • 01:30 h.- Orquestra Costa Dorada, na praza da Compañía

-Mércores día 14:

  • 21:30 h.- Baile-Concerto da Banda d Acordeóns O Folión, na Praza de España
  • 22:30 h.- Grupo monfortino Cool Flanders, na praza da Compañía
  • 00:00 h.- ÁLEX UBAGO, na praza da Compañía
  • 01:30 h.- Grupo monfortino Malenne, na praza da Compañía

-Xoves día 15:

  • 20:30 h.- Mostra de danza e música tradicional, na praza de España
  • 23:00 h.- Orquestra Acordes, na praza da Compañía
  • 00:00 h.- Fogos Artificiais dende San Vicente
  • 00:30 h.- ÁLVARO DE LUNA, na praza da Compañía
  • 02:00 h.- Orquestra Acordes, na praza da Compañía

-Venres día 16:

  • 23:00 h.- Orquestra Miramar, na praza da Compañía
  • 00:00 h.- Fogos Artificiais de Auga dende o río Cabe
  • 00:30 h.- LA LA LOVE YOU, na praza da Compañía
  • 02:00 h.- Orquestra Miramar, na praza da Compañía

Tamén durante a celebración das Festas Patronais, terán lugar as actuacións, entre outros, do grupo de batucada Os Xograres de Lemos, a Orquestra de Música do Conservatorio do Concello de Monforte, o grupo de batucada Creativa, o grupo Os Parentes, a Asociación Amigos da Pandeireta de Monforte, a Banda de acordeóns O Folión, o grupo de batucada Baturruca, e o grupo Gaitucada Aikirindo que amenizarán coas súas actuacións as tardes e noites dos días 12, 13, 14, 15 e 16 de agosto.

OUTROS EVENTOS DESTACADOS DO PROGRAMA DAS FESTAS

O xoves 15, Día da Patroa, a Virxe de Montserrat, terá lugar na igrexa de San Vicente rrecuperando así a tradición de celebrala neste tempo, unha vez rematadas as actuacións de mellora que se fixeron na mesma. A comitiva institucional encabezada polo Alcalde sairá do Campo de San Antonio ás 10:30 h. e a misa celebrarase ás 11 horas.

Tamén ese xoves 15 de agosto terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade.

Pola tarde, na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional na praza de España. En ambos casos, a maioría de grupos de gaitas e de danza son de Monforte.

Pola noite, antes dos Fogos de San Vicente e as actuacións musicais, as Barcas tradicionais engalanadas farán un percorrido polo río Cabe, a partir das 23:30 h.

O Programa das Festas tamén inclúe a décima edición do Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa”, os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardeal. O programa deste festival contará coa participación de 6 grupos, e os protagonistas serán a música, a maxia, as acrobacias aéreas, os paiasos, os monicreques, o mimo, o circo e a danza.

COLABORACIÓNS

Como é habitual, o programa conta con catro artigos de colaboración.

O elaborado por Luis Conde Carnero titulado “Instalacións deportivas do século XXI”, o de Paula Díaz Montero, “A instalación da nova tubaxe da rede xeral, unha obra histórica que suporá un antes e un despois no abastecemento de auga en Monforte”, o de Miguel Piñeiro, “O deporte en Monforte”, e o de Manuela Sáez González sobre “A Casa de Lemos e Monforte”.

PROGRAMA DO VERÁN CULTURAL

“O programa de Festas Patronais que presentamos hoxe e que teñen vostedes aquí, recolle ademais un completo Programa Cultural do Verán, que se desenvolve nos meses de xullo, agosto e setembro no que teñen especial cabida os grupos e músicos monfortinos, nunha aposta decidida do Equipo de Goberno polos nosos artistas locais”, apuntou o rexedor monfortino.

O Alcalde destacou así as principais novidades do Verán Cultural:

Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022 e 2023, e “dado o éxito acadado, volvemos a incluílo na nosa programación de verán de 2024, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuacións de grupos monfortinos. Tan é así o éxito acadado, que se constituíron novos grupos de músicos locais”, indicou José Tomé.

Desenvolverase do 19 de agosto ó 4 de setembro, en 3 ubicacións que son a Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España. Os grupos protagonistas deste ciclo serán:

  • O luns día 19 de agosto: Galga Blues Band (22:30 h), Vera Lynn (23:45 h) e Bela Chaos (01:00 h), na Praza de España.
  • O martes 20 de agosto: Dinosaurios (22:30 h) e Doc Magoo's (00:00 h), na Praza da Compañía.
  • O mércores 21 de agosto: El Mundo de Sofía Band (22:30 h) e  The Poet`s Silence (00:00 h) na Praza da Estación.
  • O xoves 22 de agosto: Diana Tarín e Gonzalo Herrero (22:30 h) e Movilla y los Irrepetibles (00:00 h), na Praza da Compañía.
  • O martes 3 de setembro: Deloreans (22:30 h) e El Tarot de Toth (00:00 h), na Praza de España.
  • E o mércores 4 de setembro: Entrecordas (22:30 h), Cerodouscero (23:45 h) e Los Jinetes del Trópico (01:00 h), na Praza da Estación.

 

Gala de Maxia

O sábado 10 de agosto terá lugar esta gala de maxia, na praza de España, a partir das 22:30 h, coas actuacións do Mago Rafa, Dani Polo e o Mago Iago.