O Alcalde anuncia que o Concello celebrará a XIV Carreira Popular de Monforte o 28 de abril


Foto de arquivo: Entrega de premios do Alcalde na Carreira Popular de Monforte de 2023

Monforte de Lemos, 12 de xaneiro de 2024. O Concello de Monforte xa ten data para a celebración da Carreira Popular do ano 2024, e tal como ven de anunciar o Alcalde, José Tomé Roca, será o domingo 28 de abril.  

Tratase da edición número 14 deste xa tradicional evento, que encherá de corredores e corredoras as rúas mais céntricas da cidade.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano, e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como  percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

 “Nos vindeiros días, dende o Concello iremos informando convenientemente sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos” indicou o Alcalde.

Dende o ano 2022 o Concello de Monforte conta coa páxina web www.monforte10k.com deseñada especificamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina, que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).