O Alcalde asina o pase a segunda actividade dun policía local e o reingreso tras excedencia doutro policía local en Monforte

Monforte de Lemos, 30 de decembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou hoxe o pase á segunda actividade do policía local Carlos Losada Díaz, que é natural de Monforte de Lemos.

Do mesmo xeito, tamén asinou o reingreso de outro policía local que estaba en excedencia, Iván Pérez Nogueira, natural de O Carballiño.

Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Inspector xefe da Policía Local, Miguel Martínez, o Alcalde aproveitou tamén esta sinatura para desexarlle moita sorte no seu traballo ó servizo dos cidadáns de Monforte.