Monforte de Lemos, 2 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, clausurou 18ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo no campo Luis Bodegas, clausura na que que fixeron entrega de diplomas e agasallos a todos/as os/as participantes.
No acto tamén participou o responsable do Campus de verán da Fundación Celta, Manu Gómez, quen en nome do Club, entregou ó Alcalde un libro conmemorativo do Centenario do Celta.
Este exitoso Campus, xa consolidado dentro do calendario de actividades deportivas de verán que organiza anualmente o Concello de Monforte, deu comezo o pasado 29 de xullo e contou coa participación dun total de 100 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, cubrindo así todas as prazas ofertadas.