Monforte de Lemos, 17 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e polo director comercial de Autocares Rías Baixas, José Zapico, fixo entrega na tarde-noite de onte domingo 16 de xuño das medallas e trofreos correspondentes á xornada final da Liga de Veteranas de Baloncesto.
Esta xornada final da Liga de Veteranas de Baloncesto celebrouse ó longo de todo o domingo 16 no Pavillón polideportivo Municipal de A Pinguela, e reuníu ós mellores equipos de Galicia nesta categoría.
O evento foi organizado pola Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) e polo CB Val de Lemos.
Ademais do club monfortino, participaron os clubs Kempaperas de A Coruña, Estudiantes de Pontevedra, Golfiños de Sada, La Salle Santiago, Basquet Aurum de Ferrol, Dos Más Uno Alzai de Santiago, Perusiñas de Lugo, e Rodaballo de Vigo.
O Alcalde entregou as medallas ós diferentes equipos participantes, así como ó club gañador do torneo que foi o Perusiñas de Lugo.