O Alcalde destaca os excelentes resultados das oficinas de atención turística do Concello de Monforte en 2023

Monforte de Lemos, 24 de febreiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de facer balance dos datos obtidos nas dependencias turísticas xestionadas polo Concello, en canto a número de visitantes rexistrados nos últimos anos tanto na Oficina de Turismo como na  Oficina de Atención ó Peregrino, así como a Torre da Homenaxe de San Vicente.

Estas  dependencias turísticas alcanzan en 2023 os mellores datos dos últimos anos en canto a persoas atendidas: “tras o boom turístico que se viviu no ano 2021, unha vez que pasou o Coronavirus, que provocou un repunte espectacular, dici que nos anos 2022 e 2023, xa estabilizada a situación do turismo, as cifras son as mellores dos útimos anos, sobre todo, en comparación cos anos anteriores á pandemia”.

Máis de 18.000 persoas atendidas en 2023 na Oficina municipal de Turismo de Monforte

Os datos relativos á persoas atendidas na Oficina de Turismo do Concello de Monforte, por ano son os seguintes:

  • En 2017: 14.922 persoas.
  • En 2018: 14.851
  • En 2019: 15.237
  • En 2020: 9.127
  • En 2021: 20.454
  • Ano 2022: 17.115
  • Ano 2023: 18.395 persoas, sendo a segunda cifra máis alta dos últimos anos, tras o ano 2021.

A espectacular cifra do ano 2021, débese ó boom que viviu o turismo tras a remisión da incidencia da pandemia do Coronavirus, o cal provocou un repunte espectacular do turismo a todos os niveis nese ano 2021.

Nos anos 2022 e 2023 estabilízanse as cifras, e tras o ano 2021, son as mellores cifras dos últimos anos, e isto é o verdadeiramente salientable.

Porcentualmente, en 2023 atendeuse a un 7,47% máis de visitantes que en 2022 (1.280 persoas máis). Se acudimos a anos previos á pandemia, en 2023 son atendidos un 20,72% máis que en 2019 (3.158 persoas máis), o un 23,86% máis que en 2018 (+ 3.544).

Tamén cabe resaltar a incidencia por meses, que se mantén tamén á alza, especialmente os relacionados co período estival. Para elo fixámonos nos meses de xuño a outubro, nos últimos 2 anos: En 2022, a afluencia presencial á Oficina de Turismo do Concello de Monforte por meses foi de 1.292 persoas en xuño, 2.673 en xullo, 4.877 en agosto, 2.347 en setembro e 1.457 en outubro. É dicir, no período de xuño a outubro, foron un total de 12.646 os turistas atendidos en 2022.

Finalmente, en 2023 alcanzáronse as 13.899 persoas atendidas nestes 4 meses: 1.167 persoas en xuño, 3.035 en xullo, 5.466 en agosto, 2.636 en setembro e 1.595 en outubro.

“Polo tanto, podemos afirmar que o período xuño-outubro de 2023 é un dos mellores datos de afluencia da historia da Oficina de Turismo de Monforte. Con respecto a 2022, supón 1.253 persoas máis atendidas en 2023, un 10% máis. Creo que son uns excelentes resultados turísticos do pasado ano 2023, especialmente os dos meses de xullo (3.035 persoas) e agosto (5.466), o que significa que a xente apostou polo turismo de interior, apostou polo turismo de calidade da Ribeira Sacra, e participaron en eventos tan importantes para nós como son o Festival do Viño, o Verán Cultural ou as Festas Patronais”.

En canto a procedencias, Madrid é a comunidade que máis turistas aportou en todos os meses seguida de Asturias, Pais Vasco, Cataluña, e por suposto Galicia.  

Respecto ó turismo internacional, Francia ocupa o primeiro posto en canto a visitantes, seguidos de Alemaña, Reino Unido e Holanda.

Ademais da atención presencial na Oficina de Turismo, tamén son atendidas consultas vía teléfono e vía correo electrónico, con datos moi similares tanto en 2022 como en 2023:

  • En 2022, foron atendidas 1.402 chamadas telefónicas e contestados 301 correos electrónicos.
  • En 2023, foron atendidas 1.464 chamadas telefónicas e contestados 306 correos electrónicos.

 

A Oficina de Atención ó Peregrino de Monforte alcanza porcentaxes históricos de visitas

Esta Oficina do Peregrino abriu as súas portas o mes de setembro de 2021. Antes da súa apertura, os peregrinos e persoas interesadas no Camiño de Inverno eran atendidos na Oficina de Turismo.

Así, os datos de atención especificamente relacionados con peregrinos do Camiño de Inverno ata a apertura da Oficina do Peregrino son:

  • Ano 2017: 172 persoas atendidas.
  • Ano 2018: 297.
  • Ano 2019: 412.
  • Ano 2020: 159.
  • Total ano 2021: 1.772:
    • Ano 2021 ata o 14 de setembro: 322.
    • Ano 2021 dende o 14 de setembro (cando se abre a Oficina do Peregrino) ata decembro: 1.450.
  • Ano 2022: 825.
  • Ano 2023: 2.120 persoas.

Neste caso, podemos destacar o aumento destacado que se produciu na Oficina do Peregrino no ano 2023 con respecto ó 2022, pois foron atendidas 1.295 persoas máis, un 157% máis.  Con respecto a 2021, foron atendidas 348 persoas máis, un 20% máis.

Cabe recordar, ante este aumento tan destacado en 2023, que a Oficina do Peregrino rexistra tanto a atención ós peregrinos que acoden a selar a súa Compostela ou a pedir información, como a atención a persoas interesadas en coñecer o Camiño de Inverno. “Cada vez a Oficina do Peregrino detecta máis persoas que recorren o Camiño de Inverno como ruta de peregrinación a Santiago”, destaca o Alcalde.

En 2023, desas 2.120 persoas atendidas, 821 foron especificamente peregrinos e 1.299 xente solicitando información sobre o Camiño de Inverno. En ambos casos, a aceptación e a valoración da Oficia do Peregrino é moi destacable.

En canto ás procedencias, a nivel nacional destacan Asturias, País Vasco, Burgos e Cataluña. A nivel internacional, son Italia, Francia e Australia os principais países de procedencia.

Finalmente, os meses de maior afluencia de peregrinos en 2023 foron outubro (124), maio (121), setembro (118), agosto (100) e xullo (96).

 

Torre da Homenaxe de San Vicente

Polo que respecta á Torre da Homenaxe de San Vicente, os datos tamén son moi significativos: 16.576 persoas visitaron a Torre en 2023, fronte ás 13.429 persoas de 2022. É dicir, 3.147 persoas máis, que supón un 23,43% máis.

Respecto ás procedencias, principalmente as Comunidades emisoras son Madrid, País Vasco, Asturias, Galicia e Valencia. En canto a turismo internacional, Reino Unido, Francia, Bélxica, Holanda e Portugal, son os países que máis visitantes aportaron.

Por meses, en 2023, as cifras máis salientables corresponden ó período abril-outubro:

  • Abril: 2.619 persoas.
  • Maio: 1.353
  • Xuño: 1.334
  • Xullo: 2.525
  • Agosto: 3.854
  • Setembro: 1.916
  • Outubro: 1.075 persoas.

 

Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra están de moda

Tras valorar estes datos, proporcionados pola empresa xestora da Oficina de Turismo do Concello e da Oficina de atención ó Peregrino, o Alcalde salientou “que podemos afirmar sen ningunha dúbida que estamos ante uns excelentes datos en canto a número de usuarios dos nosos servizos turísticos, e que confirman a recuperación do sector, tras a incidencia da Covid-19.. Estes datos demostran que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra están de moda, e se constitúen hoxe coma un dos principais destinos turísticos do interior de Galicia, grazas á promoción permanente e con eventos que realiza o Concello, tanto a nivel galego como estatal”.

Neste senso, José Tomé Roca recordou que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados de Galicia, “o que da boa mostra do noso potencial e do actual incremento da afluencia turística que estamos tendo nos últimos anos. Proba diso, é que a Ribeira Sacra ocupa o primeiro posto no ranking dos 10 lugares únicos en Galicia”.

O rexedor monfortino subliñou que o “enorme potencial cultural, gastronómico, patrimonial e turístico de Monforte de Lemos e da Ribeira Sacra, están a obter excelentes cifras de afluencia turística como as que acabamos de salientar, que son froito dun traballo intenso e ben feito dende hai anos por este Equipo de Goberno. Por iso, a aposta que estamos facemos polo turismo é e seguirémolo facendo con firmeza, porque sabemos que é unha folla de ruta axeitada, porque somos conscientes de que é un motor económico, de desenvolvemento e de promoción fundamental para o noso Concello”.

Finalmente, o Alcalde manifestou  que “estou seguro de que neste ano 2024, se esta tendencia á alza se mantén, volveremos a alcanzar cifras históricas, nas que os nosos grandes eventos como o Entroido, a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as nosas Festas Patronais e o Programa de Verán, entre outros eventos, contribuirán decisivamente a captar visitantes e turistas para Monforte”.