Monforte de Lemos, 8 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, valorou moi positivamente a participación dos atletas monfortinos nos XV Xogos do Eixo Atlántico en Portugal, que se disputaron nas cidades portuguesas de Braga e Vila Nova de Famalicão ó longo de toda a pasada semana.
En concreto, o rexedor monfortino destacou, en atletismo, as dúas medallas acadadas polo atleta Ismael Rodríguez Nieves, unha medalla de prata en 1.000 metros en pista masculino e unha medalla de bronce en atletismo en ruta masculino.
En canto as clasificacións por disciplinas deportivas, a delegación monfortina quedou no 5ª en voleivol, 12ª en fútbol, 15ª en baloncesto feminino e 17ª en baloncesto masculino.
Nesta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, o Concello de Monforte está representado por 83 monfortinos e monfortinas, entre deportistas e adestradores, que competirán nas modalidades de Baloncesto (feminino e masculino), Fútbol 7 (masculino), Voleibol (feminino), Atletismo (masculino e feminino) e Natación (feminina e masculina).
Tras estes resultados, o Alcalde felicita á delegación de deportistas monfortinos na súa nova participación nos Xogos do Eixo Atlántico, que “estou seguro fixeron con ilusión, esforzo e ambición, os cales lles permitiron acadar estes bos resultados.”