Monforte de Lemos, 31 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega hoxe mércores 31 de xullo no pavillón da Pinguela dos diplomas acreditativos ós 101 nenos e nenas que participaron na segunda quincena do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte.
José Tomé destaca que “dende o Concello, facemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 822 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos que dende o Concello puxemos en marcha para as actividades de verán, 8 máis que en 2023”.
O Alcalde subliña que “o noso obxectivo é facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares, e, sobre todo, para que os nenos e nenas de Monforte poidan disfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.
A terceira e última quincena deste Campamento Deportivo de verán dará comezo mañá 1 de agosto, e ata o 14, e contará coa participación de 87 nenos e nenas.