Monforte de Lemos, 15 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na mañá de hoxe das medallas correspondentes á V Gala de Ximnasia Rítmica.
Esta gala foi organizada polo Club Rítmica Kendra, en colaboración co Concello de Monforte, e celebrouse no remodelado Pavillón Polideportivo de A Pinguela, que estaba ateigado de familiares e amigos das participantes.
O encontro contou coa participación de arredor de 140 ximnastas, a maioría monfortinas, pero tamén doutras localidades da comarca de Lemos.