O Alcalde fai entrega do trofeo do Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte

Monforte de Lemos, 15 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán fixo entrega na tarde de hoxe do trofeo ó equipo gañador do Torneo Festas Patronais de Monforte.

O torneo, que se disputou no estadio de fútbol de A Pinguela, enfrontou ó Club Lemos coa S.D. Sarriana. O resultado final foi de 0-2, favorable ó club de Sarria.

O Alcalde fixo entrega ó capitán da Sarriana dunha réplica da Torre da Homenaxe de Monforte. O Torneo foi organizado polo Club Lemos e contou coa colaboración do Concello monfortino.