O Alcalde fai entrega da copa do Campionato de España de Golf a PRAKASH AISA BARRERA

-O XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024 celebrouse nas instalacións do Club Río Cabe de Monforte este fin de semana, sábado 11 e domingo 12 de maio, nun campo de 18 ocos (“hoyos”) situado sobre un meandro do río Cabe, en Ribas Altas.

-O Alcalde resaltou como “excelente noticia” a concesión por parte da Federación Española de Golf deste importante campionato a Monforte, motivo polo que agradeceu dita concesión á Federación, e agradeceu o traballo desenvolto polo Club nas xestións que fixeron posible a chegada deste campionato estatal á cidade.

-No campionato participaron 108 xogadores chegados de toda España, que viñeron acompañados por familiares e amigos, polo que Tomé Roca destaca que o campionato “xenerou un importante impacto no noso sector hostaleiro e de restauración convertíndose nunha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona, polo que sen dúbida, é un bo reclamo promocional para todo o sur da nosa provincia”.

 

Monforte de Lemos, 12 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou na mañá de hoxe a Copa que premiou ó gañador do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, que se celebrou nas instalacións do Club Río Cabe de Monforte, os días 11 e 12 de maio.

O gañador foi o golfista  español PRAKASH AISA BARRERA. Unha vez finalizado o Campeonato, o Cuadro de Honra quedou do modo seguinte:

Campeón: Don PRAKASH AISA BARRERA

Subcampeón: Don CESAR CRESPO

Primer Clasificado Hándicap: Don HUGO KESTAS NUSTEDT

Segundo Clasificado Hándicap: Don ALFONSO ÁLVAREZ ENRÍQUEZ

Na entrega do trofeo, o Alcalde que chegou ás Instalacións co Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán estivo acompañado polo Presidente da Federación Galega de Golf, D. Mario Covelo López,  o Presidente do Comité de Pitch&Putt de la RFEG, D. Jesús Barrera Correal, o Presidente da Agrupación Deportiva de golf Río Cabe, D. José Ángel Pérez Reñones, D. Ángel Manuel  Román Regueira, Vocal do Comité de Pitch&Putt da RFEG e Dona Mº Eugenia  Graña Rosales, Xerente da Agrupación Deportiva de golf Río Cabe.

Monforte recibiu para este campionato nacional de golf a 108 xogadores chegados de toda España, que viñeron acompañados por familiares e amigos, polo que o Alcalde destacou que o campionato “xerou un importante impacto no noso sector hostaleiro e de restauración e converteuse nunha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona, polo que sen dúbida, será un bo reclamo promocional para todo o sur da nosa provincia”.

Os Presidentes das Federacións Española e Galega de Golf quixeron agradecer a José Tomé o apoio aportado das dúas Institucións ás que representa, o Concello de Monforte de Lemos e a Deputación Provincial, así como á Agrupación Deportiva Río Cabe pola organización do evento e manifestaron estar encantados coa celebración do Campionato na Cidade Condal.

O Campionato que contou co apoio tanto do Concello de Monforte como da Deputación de Lugo, desenvolveuse durante toda a fin de semana. O venres día 10 foi a xornada de adestramento oficial. O sábado 11 disputáronse dúas roldas de 18 ocos (“hoyos”) e na xornada do domingo unha rolda máis que decidiu quen foi o Campión de España deste ano.

O campo de golf da Sociedade Deportiva Río Cabe atópase situado en Ribas Altas, en Monforte de Lemos. Este campo Pitch and Putt é practicamente plano, moi nobre de xogar.

Ten árbores próximas ás rúas dos ocos e lagos en lugares estratéxicos para dificultar o xogo. Os bunkers non son complicados e os greens son en xeral amplos e con caídas.

O campo está situado sobre un meandro do río Cabe. Os 18 ocos (hoyos) do percorrido enmárcanse nunha paraxe natural de flora e fauna autóctona.

O Alcalde quixo resaltar que “nesta derradeira semana se veñen de celebrar importantes citas deportivas en Monforte de Lemos, que trouxeron un amplo número de persoas á nosa cidade co correspondente impacto económico e tamén como unha ocasión de promoción dos recursos turísticos, patrimoniais e gastronómicos que temos na Capital da Ribeira Sacra”