Monforte de Lemos, 14 de outubro de 2024. O Alcalde, José Tomé Roca, informa da apertura de prazo extraordinario de solicitudes en actividades con prazas vacantes do Programa ACTIVA 2024-2025.
Unha vez celebrado o sorteo do Programa Activa, o pasado luns 4 de outubro, ábrese un prazo extraordinario que irá do 14 ó 18 de outubro, e no que as actividades nas que quedaron prazas dispoñibles son:
-Maiores de 55 anos:
- Competencias dixitais uso cotiá –Nivel avanzado
- Informática Básica
- Cerámica 1
-Maiores de 16 anos:
- Manualidades 2
- Bailes caribeños –Nivel iniciación
- Costura creativa 2
As persoas interesadas nesta inscrición deberán acudir á Secretaría dos servizos sociais para que informen das prazas dispoñibles e formalizar a súa solicitude exclusivamente segundo o modelo establecido. Tamén se pode levar a cabo esta solicitude a través da Sede Electrónica do Concello.
Na asignación de prazas terase en conta a orde de entrada no Rexistro así como os seguintes criterios de prelación:
- Solicitantes en lista de agarda, logo da celebración do sorteo de prazas de actividades con máis demanda que oferta de prazas.
- Novas solicitudes de participación por persoas que non solicitaran no prazo ordinario.
- Solicitantes con praza concedida no prazo ordinario (segunda actividade).
Formulario de inscrición:
Solicitude inscrición Programa ACTIVA 2024-2025 Prazo extraordinario