Monforte de Lemos, 8 de marzo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que estanse a producir unha serie de problemas nas chamadas entrantes e saíntes do teléfono do Concello de Monforte, que están a provocar cortes na comunicación telefónica entre o persoal municipal e os cidadáns. Nalgúns casos é necesario ter que volver a chamar ó cidadán, debido ós cortes que se producen nas conversas, polo que dende o Concello rogase desculpen as molestias que se poidan ocasionar debido a este problema.
Neste senso, o Alcalde aclara que estas incidencias nos cortes das chamadas son un problema alleo ó Concello. Segundo o informe emitido pola compañía telefónica R, concesionaria do servizo, ó parecer “trátase dun problema masivo que está afectando a varios operadores e que se detectou en capas moi altas nos puntos de interconexión entre eles”. Deste xeito, o problema está a afectar a outros concellos e administracións públicas, así coma empresas e outras entidades.
Segundo informan dende a operadora o problema é complexo, que non se trata dunha avaría corrente, e séguese a traballar na súa solución, debido a que a lista de afectados é considerable.