O Alcalde informa que a Plataforma de contratos del sector público recolle a licitación de SEA da ampliación do Polígono do Reboredo, que incorporará 27,5 hectáreas máis

Monforte de Lemos, 31 de xaneiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha importante nova que supón un paso máis na folla de ruta de melloras o Concello están levando a cabo no polígono industrial monfortino. Trátase da licitación por parte da Plataforma de contratos del sector público, a través de SEA, da ampliación do Polígono industrial do Reboredo, “que incorporará 27,5 hectáreas máis que, sumadas ás 16,5 hectáreas cedidas pola Deputación de Lugo, farán que supere os 800.000 m2, converténdose nun dos máis grandes do interior de Galicia” subliñou o Alcalde.

Esta nova ampliación do Polígono industrial do Reboredo da resposta á solicitude de ampliación que o Alcalde fixo a SEA, o 10 de maio de 2021,  “para cubrir a demanda actual de chan empresarial, e ó mesmo tempo, proxectalo cara o futuro” explicou o Alcalde, “xa que o Polígono non dispón actualmente de parcelas dispoñibles para venta, e dado que hai empresas interesadas en instalarse no mesmo”.


                                Foto de arquivo: Visita do Alcalde e outras autoridades ó Polígono do Reboredo, en setembro de 2023

José Tomé salientou que “esta petición tivo unha resposta positiva por parte de SEA e da Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES), e logo das tramitacións levadas a cabo por estas entidades, coa licitación que anunciamos hoxe, a nova ampliación do Polígono do Reboredo xa é unha realidade”. Por iso, o mandatario municipal agradeceu a colaboración do Goberno de España neste proxecto, concretamente do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana.

Neste senso, a presidenta de SEA e directora de SEPES, entidad pública del suelo, dependente do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, Leire Iglesias, chamou persoalmente ó Alcalde para informalo e destacou “que esta actuación se engloba dentro del compromiso del gobierno de España para que SEA contribuya a la consolidación de un polo de actividad industrial en el interior de Galicia”, como é o caso de Monforte.

Pola súa banda, Beatriz Sestayo, xerente de SEA, que tamén falou co Alcalde, incidiu na importancia desta licitación, “que supone un firme compromiso del Gobierno de España y de SEA a las solicitudes del Alcalde para ayudar a las empresas, para su implantación en superficies industriales y la consecuente creación de empleo, promoviendo las actuaciones estratégicas necesarias para lograr estos fines”. A ampliación deste polígono supón un acordo histórico co que SEA e o Concello de Monforte responden de forma proactiva ás necesidades empresariais e industriais de Galicia.

José Tomé subliñou que “para min como Alcalde, con esta actuación, acadamos un logro importante e imos facer aínda máis atractivo o noso Polígono, con máis solo industrial, máis oportunidades para as empresas, mellor comunicado cando se acabe a Rolda Urbana e se fagan os carrís de aceleración da N-120, que están xa proxectados, e con mellores servizos para a implantación de empresas, para xerar riqueza e xerar postos de traballo, e dinamizar a economía de Monforte e da comarca”.

 

O Polígono do Reboredo superará os 800.000 m2 en dúas importantes ampliacións

A ampliación anunciada hoxe suporá incrementar o Polígono do Reboredo en 27,5 hectáreas máis (275.000 m2), que é un 74,20% da superficie actual (370.600 m2).

José Tomé tamén recordou que o “o pasado 26 de agosto, dende o Concello informamos doutra ampliación deste polígono, que foi  posible gracias á cesión que a Deputación de Lugo levou a cabo de parcelas adquiridas no seu día por esta entidade provincial”. Esta ampliación, que se levará a cabo pola parte noroeste, supón que a actual superficie do Polígono incrementarase en 16,5 hectáreas máis, un 44,50% da superficie actual sinalada.

“Se contamos ambas ampliacións, que suman un total de 440.000 m2, esta é unha superficie que supera á actual do polígono en 69.400 m2. É dicir, sumando as dúas ampliacións, o Polígono de O Reboredo pasará a ter unha superficie superior ós 800.000 m2, cunha proxección de futuro moi importante”, subliñou o Alcalde.

O Parque Empresarial de Reboredo, xestionado pola sociedade estatal Suelo Empresarial del Atlántico, en Monforte de Lemos, quedou pequeno hai meses. Na actualidade está ocupado ó cento por cento e, tanto o Concello de Monforte, como o SEA e a Delegación do Goberno en Galicia xa adoptaran o acordo –nun consello de administración de SEA celebrado o pasado mes de setembro– para dotar de máis chan industrial a unha comarca que o estaba demandando.

Previamente, no mes de xuño, aprobouse tamén a modificación do Plan Sectorial das Áreas Empresariais e marcábase o prazo dun ano para licitalas.

Con todo, desde SEA realizáronse esforzos para conseguir axilizar o procedemento como resposta ó enorme crecemento que, no últimos tres anos, experimentou este parque empresarial, pasando do 20 ao 100 por 100 de chan adxudicado.

Todo iso foi posible grazas ás xestións que o Alcalde de Monforte e a xerente de SEA, que conseguiron que unha trintena de empresas estean asentadas nesta superficie industrial xerando máis de trescentos empregos directos. Compañías como Oviganic, especializada en produtos lácteos; e a farmacéutica Kern Pharma, pertencente ao grupo Indukern, Alumetal ou Ramiro Vila, entre outras, son algunhas das empresas que se instalaron no Polígono do Reboredo.

 

Aposta decidida do Concello de Monforte pola mellora do Polígono industrial do Reboredo

O Concello monfortino leva desenvoltas diversas actuacións de mellora no Polígono do Reboredo nos últimos anos, como a nova vía de medio quilómetro construída na zona oeste, na que o Concello aportou 235.627,16€, as actuacións de reforma dunha nave municipal que foi convertida na sede do primeiro Viveiro de Empresas industrial que ten o Concello de Monforte, e no que investiu 235.913,45€ ou os traballos de mellora do firme da estrada provincial que vai dende Monforte ó polígono industrial de O Reboredo, en concreto, a estrada LU-P-3205,  para o que se destinou un orzamento de 315.000€.

A aposta do Equipo de Goberno monfortino por esta polígono empresarial do Reboredo, está nas inversións realizadas no período 2016-2022, que superan o 1,1M€ (concretamente, 1.108.949,26 €). E tamén en 2023, o Alcalde anunciou unha inversión de preto de 5.000.000 € para unha nova depuradora no Polígono.

O éxito do Polígono tradúcese no interese crecente de empresas por implantarse no mesmo, grazas á promoción que ven facendo o Concello nos últimos anos, como o caso anunciado da farmacéutica Kern Pharma, que construirá unha planta de produtos inxectables, cun investimento de máis de 60M€ e con máis de 100 empregos, ou a ampliación e mellora das instalacións da empresa de produtos lácteos Oviganic Ibérica, e novos proxectos industriais que están en fase de anteproxecto. Ou o caso de Alumetal e Ramiro Vila, entre outras, que son outras das empresas que se instalaron no Polígono do Reboredo.