O Alcalde informa de obras de mellora para a conexión da tubaxe xeral da rede de abastecemento de auga cun by-pass na rúa Rosalía de Castro

Monforte de Lemos, 2 de setembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que debido ás obras de mellora que o Concello de Monforte está a levar a cabo na rede de abastecemento de auga da cidade que abastece ó depósito de San Vicente, mañá martes día 3 e o mércores 4 de setembro procederase á conexión da tubaxe xeral co by-pass na rúa Rosalía de Castro, que ben de ser executado para a mellora do saneamento en dita rúa.

Por este motivo, levarase a cabo un corte no subministro, que non suporá o corte da auga, senón que so producirá unha baixada de presión na mesma, e que se levará a cabo os citados 3 e 4 de setembro, entre as 8 da mañá e as 5 da tarde.

As rúas que se verán afectadas serán o Lugar Reigada, a rúa Rosalía de Castro en ambas marxes, e a rúa Doutor Casares, tamén en ambas marxes.

As conexións da tubaxe xeral co by pass realizaranse na intersección entre a rúa Doutor López Suárez e a rúa Rosalía de Castro mañá martes 3 de setembro, e a intersección entre a rúa Rosalía de Castro coa rúa Coruña, o mércores 4 de setembro.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.