Monforte de Lemos, 11 de xaneiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que a Xunta de Goberno Local do pasado luns 3 de xaneiro aprobou precintar o local de hostalería situado na rúa Duquesa de Alba, concretamente no baixo do número 46, por non contar con licencia definitiva de apertura.
En concreto, na citada Xunta de Goberno acordouse incoar expediente de reposición da legalidade urbanística por exercicio da actividade no mencionado local da rúa Duquesa de Alba nº 46- baixo, pois estaba amparado unicamente por unha licenza provisional caducada, a cal non permite a apertura do mesmo, por non estar vixente a licencia.
Neste senso, tamén se declarou ineficaz a comunicación previa que a actual xerencia do local presentou solicitando o cambio de titularidade da licencia de actividade económica do citado local, debido precisamente a que este cambio non é posible si non se conta con licencia definitiva de apertura.
O Alcalde explica que “decidimos adoptar a medida cautelar de peche do establecemento ante o perigo que a súa apertura pode supor para os intereses públicos, para o cal axentes da Policía Local deste Concello procederán na tarde de hoxe xoves 11, a partir das 17:00 horas, ó precinto do local.”
A medida cautelar de peche e precinto do local realízase para garantir que non se exerza a actividade de xeito irregular, e que non se abra o local, sen o necesario título habilitante para iso, que non é outra cousa que unha licencia en vigor.