Monforte de Lemos, 2 de marzo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que ven de restablecerse totalmente o subministro de auga en Monforte, concretamente nas parroquias do Concello, logo de que Unión Fenosa-Naturgy arranxase a avaría que a caída dunha árbore provocou no tendido eléctrico que da servizo á planta potabilizadora de Monforte.
A avaría, que tivo lugar o pasado día 26, provocou unha falta de abastecemento no subministro de auga, logo de que se producira o baleirado dos depósitos da potabilizadora, por mor de dita avaría.
A instalación dun xerador por parte de Naturgy, logo dos requerimentos levados a cabo tanto dende o Concello como dende a empresa Aqualia, permitiu o restablecemento do servicio na cidade, pero debido extensa rede de tubaxes do Concello, que abrangue moitos kilómetros, non se puido restablecer inmediatamente o servizo, concretamente nos puntos máis altos dalgunhas parroquias.
Logo de rematar os traballos de reparación da liña eléctrica por parte de Unión Fenosa, a planta potabilizadora ven de recuperar o seu funcionamento normal, e as zonas das parroquias afectadas recuperaron xa na súa totalidade o subministro de auga.