O Alcalde participa na homenaxe a Rafa Aguiar polos seus 40 anos facendo radio en Monforte

Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, participou na Homenaxe a Rafael Aguiar organizada polo Ateneo Casino de Monforte, co gallo dos seus 40 anos facendo radio en Monforte e na comarca de Lemos.

No acto interveu o catedrático Anxo González Guerra, coa ponencia “A radio da miña infancia”.

A continuación a investigadora antropolóxica e escritora Mar López Sotelo, inaugurou o proxecto de dinamización cultural da nova etapa da Biblioteca de Mesopotamia do Ateneo Casino e tamén repasou a vida profesional de Rafael Aguiar. Tamén participou o CEO de Hermanager Producións, Xosé Manuel Fernández.

Ó acto acudiu numeroso público, así como diversas autoridades da cidade e dos concellos veciños.