O Alcalde participa na primeira festa da campaña Regala en Nadal, Merca en Local, que tivo lugar na Praza de España de Monforte

Monforte de Lemos, 14 de decembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participou este sábado na primeira festa da campaña Regala en Nadal, Merca en Local que tivo lugar pola tarde na cidade monfortina. A iniciativa, impulsada de forma conxunta pola institución provincial e a Federación Galega de Comercio, busca fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano.

A Praza de España da capital da Ribeira Sacra acolleu desde as 17.00 horas desta tarde actividades de animación, actuacións infantís, música, chocolatada e sorteos en directo de tres tarxetas prepago: unha de 500€, outra de 1.000€ e unha última de 3.000€. Antes do último sorteo, Tomé Roca animou aos veciños e veciñas a mercar no comercio local, “porque cada euro que gastamos no comercio local é unha inversión nos nosos concellos” e desexou a todos os participantes un feliz Nadal.

No acto estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, representantes do CCU de Monforte, a  Tenente de Alcalde, Gloria Prada, as concelleiras de Muller e Igualdade, Margarita López, Consumo, Regina López, e os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán e Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz.

As vindeiras festas serán en Foz, o día 18 de decembro, e en Lugo, o 19 de decembro.