Monforte de Lemos, 17 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe en rolda de prensa “unha nova obra integrada no programa de investimentos do Equipo de Goberno, o cal dende que eu son Alcalde, procurei sempre que fosen melloras que afectaran a todos os barrios, a todas as parroquias, a infraestructuras, a zonas verdes, a instalacións deportivas ou de turismo, porque queremos que se beneficien todos os sectores económicos, e polo tanto, queremos mellorar a Monforte en todos os aspectos”.
A actuación proxectada polo Executivo de José Tomé consistirá na mellora sustancial da Pista de Vuelo de “As Lamas” e tamén da pista que bordea o Campo de Vuelo dende as pistas de exame de conducir ata os hangares e a pista que da acceso ó Campo de Tiro e á pista do canal.
En conxunto, ambas actuacións superan “cuarto de millón de euros (286.108,42€), o que fala por si solo da súa importancia, e serán financiados con fondos municipais”.
Un Aeródromo único en Galicia, cun tránsito de 300 a 500 operacións ó ano
O Alcalde salientou a importancia do Aeródromo de As Lamas e fixo un repaso da súa evolución ó longo do tempo.
O Aeródromo municipal de “As Lamas”, conta con autorización dende 2012 do Ministerio de Transportes (antes Fomento) como campo de voo para ultralixeiros e avionetas, e está sendo moi utilizado por aeronaves ó longo de todo o ano, especialmente dende o inicio da primavera ata o outono.
Fai aproximadamente 35 anos, este espazo naceu como campo de aeromodelismo. Fai 22 anos, construíuse a pista de ultralixeiros, e no ano 2012 obtivo a súa autorización como campo de voo.
No ano 2015, converteuse no actual Aeródromo de As Lamas, autorizado pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), dependente da Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Transportes, despois da publicación do Real Decreto 1070/2015, de 17 de novembro, e foi inaugurado como tal con motivo da Volta Ibérica. Está cedido polo Concello ó Club Aerolemos para a súa xestión.
De media, ven rexistrando entre 300 e 500 operacións ó ano de avionetas de diferentes tamaños, sobre todo durante as pontes e fins de semana, pero tamén durante a semana, xa que está aberto ó tráfico de forma permanente, sendo un lugar de parada para tránsitos chegados dende outros lugares de Galicia como Mazaricos, Santa Comba, Lugo ou Ribadeo, e tamén de lugares como Asturias, Castela e León e todo o noroeste da Península en xeral, e tamén doutros países como Portugal e Francia, principalmente.
Foi sede, e seguro que volverá a selo, da “Volta Aérea Ibérica”, que se leva a cabo entre España e Portugal, e tamén de distintas edicións dos Encontros da Asociación de Aviación Experimental, onde se dan cita pilotos e construtores de aeronaves lixeiras, chagados de todo o Estado.
Este Aeródromo de As Lamas, que ademais da pista autorizada conta con dous hangares, serve de base a empresas de todo tipo que empregan avións e fundamentalmente helicópteros para os seus traballos, como por exemplo empresas de servizos que fan revisións de liñas eléctricas de alta tensión, ou de parques eólicos, operando dende Monforte para Galicia e todo o noroeste peninsular.
Tamén serve de base de empresas que se dedican a facer reportaxes de fotos ou vídeos aéreos. E empresas que operan con drons, cuxo uso multiplicouse nos últimos anos. E, nas edicións nas que a Volta Ciclista a España pasou pola nosa cidade e pola Ribeira Sacra, foi moi valorado polos helicópteros de Televisión Española que o utilizaron de base para cubrir este importante cita deportiva, non tendo que desprazarse así a outros Aeroportos ou Aeródromos para labores como repostaxe ou mantemento e incluso podendo facer noite na cidade.
“Este Aeródromo” destacou José Tomé, “conta actualmente cun intenso e crecente tráfico aéreo. Nel aterran e despegan clubs aéreos de toda España e tamén de Portugal ou Francia, co que elo supón de impacto positivo para o noso turismo e para dar a coñecer a nosa cidade e comarca”.
Tamén salientou o rexedor monfortino a positiva valoración que fan os pilotos que utilizan este Aeródromo.
En primeiro, por estar Monforte nunha situación privilexiada no ámbito xeográfico galego, que sendo Capital da Ribeira Sacra supón un recurso turístico de primeiro nivel.
En segundo lugar, a situación do propio Aeródromo dentro do Concello, xa que se atopa moi preto do casco urbano, e isto fai que os visitantes poidan acercarse ó centro da cidade en poucos minutos nun taxi ou mesmo camiñando 20 minutos. “Sen dúbida, isto favorece que elixan a nosa cidade pola cercanía ós seus hoteis, restaurantes e recursos turísticos. Isto converte ó Aeródromo de Monforte en único, xa que o resto de instalacións deste tipo en Galicia, e a maioría das do resto de España, se atopan sempre alonxadas de zonas urbanas, que requiren de desprazamentos importantes”.
“Polo tanto, estes voos benefician claramente ó sector do taxi e á hostalería. Os taxistas polas viaxes que fan para recoller ós tripulantes e volvelos a levar ó Aeródromo. E a hostalería, porque todos eles repoñen forzas nos nosos restaurantes” incidiu José Tomé.
E engadiu que “con esta obra, faremos que poidan aterrar ou despegar todo o ano, aínda en época de choivas, cousa que agora non poden cando encharca, e esta mellora vai permitir que nos visiten aínda máis aeronaves durante todo o ano en boas condicións de aterraxe e de despegue”.
Mellora da pista de voo do Aeródromo de As Lamas
Deste xeito, dende o Equipo de Goberno desenvolverase as actuacións e as obras necesarias para a mellora da actual pista de herba, sobre unha lonxitude de 705 m.
Como a pista conta cun ancho medio de 13,31 metros, a superficie total de actuación será de 9.385 m2, sobre unha vía que conta cunha topografía practicamente horizontal.
A zona que abarca este proxecto de mellora forma parte dos bens do Concello de Monforte de Lemos.
A pista actual é de terreo natural compactado, pero sen pavimentar polo que o que queremos facer é proceder a pavimentación da mesma con aglomerado en quente.
Para elo, será necesario proceder en primeiro lugar ó refino e planeo da mesma.
Posteriormente, colocarase unha base de zahorra, incluíndo a regularización e bacheo previo aqueles puntos onde sexa necesario.
Sobre ela, procederase ó asfaltado do seu firme a través de aglomerado en quente tipo D-12, de 5 cm. de espesor.
Por último, procédase ao pintado das marcas viarias da devandita pista, en cor branca ou amarela segundo as instrucións ditaminadas da normativa aérea para este tipo de pistas.
O orzamento para levar a cabo a mellora da pista do Aeródromo de As Lamas é de 187.234,38€.
Mellora do Camiño municipal de As Lamas
Sendo este outro dos proxectos anunciados hoxe polo Alcalde, completará ó proxecto anterior xa que este Camiño municipal de As Lamas, que é unha pista de servizo que une a estrada de Currelos co Campo de tiro, vai ser útil e mellorar o servizo ó propio Campo de Voo, ó Campo de tiro e ós veciños da Pista do Canal.
As obras de mellora nesta vía municipal consistirán na pavimentación con rego asfáltico do seu firme nunha lonxitude total de 1,54 km., sobre un ancho medio de 4 metros, polo que a superficie total de actuación será de 5.793 m2.
Dado que o firme, actualmente de terra, está deteriorado, é necesario unha actuación completa sobre o mesmo para proceder dotalo dunha nova capa de rodadura.
Para elo, procederase, na maior parte da vía, á apertura de caixa, para posteriormente colocar unha base de pedra e un triple rego asfáltico.
Na parte da vía na que xa existe firme asfáltico, procederase ó seu barrido, bacheo e colocación de dobre rego asfáltico.
Para a mellora do Camiño municipal de As Lamas, o investimento dende o Concello é de 98.874,04€.
“Polo tanto”, concluíu o Alcalde, “o importe total destinado á mellora da pista de aterraxe e despegue do Aeródromo de As Lamas así como da vía que lle da servizo, será de 286.108,42€, máis dun cuarto de millón de euros, o que fala por si solo da súa importancia”.