Monforte de Lemos, 29 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria, deu a coñecer hoxe mediante rolda de prensa o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto de 2024.
Tal e como explicou o rexedor monfortino, “esta programación responde ó formato de Festas que vimos facendo dende que chegamos ao goberno municipal, centradas en ofrecer ós monfortinos e ás persoas que nos visiten unha ampla variedade musical e artística, para dar satisfacción a públicos moi diferentes tanto en idades como en gustos musicais, e que, as Festas de Monforte téñense convertido nun referente en Galicia, e por iso queremos seguir por este camiño de éxito para as nosas Festas”.
PROGRAMA MUSICAL DAS FESTAS PATRONAIS DE MONFORTE 2024
O Alcalde, na súa intervención, aproveitou para explicar que haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras que farán un previo e un posterior peche das actuacións tratando de que o horario musical con carácter xeral, se inicie ás 10:30-11:00 da noite e o remate entorno ás 4 da madrugada.
O programa completo de actuacións musicais é o seguinte:
-Domingo día 11 de agosto, despois do pregón:
-Actuará na Praza de España a cantante monfortina ROSA CEDRÓN e NÓMADA TRÍO, que acompañarán a artista monfortina, para abrir boca cun concerto de moita calidade.
-Luns día 12 de agosto:
- ORQUESTRA PANORAMA: Iniciará a súa actuación ás 12 da noite ata as 2:00 para volver nun 2º pase ás 3:30 ata as 4:30 da madrugada.
- GRUPO AMÉRICA DE VIGO: Este grupo compartirá a velada musical deste día iniciando ás 22:30 a súa actuación e rematará o 1º pase ás 12 da noite, volvendo a actuar tras o primeiro pase da Orquestra Panorama, de 2:00 a 3:30 horas. Neste caso, o Alcalde recordou “que este grupo musical deixou xa en Monforte unha excelente impresión, e non me cabe dúbida, que con estas actuacións a Explanada quedarase pequena como ven ocorrendo nos últimos anos”.
-Martes día 13 de agosto:
- ROZALÉN: O concerto central deste día 13 correrá a cargo da artista albaceteña Rozalén, que é unha das principais voces da nova canción de autor a nivel nacional e internacional. O seu concerto comezará ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada.
- ORQUESTRA COSTA DORADA: Complementando o concerto principal actuará a Orquestra Costa Dorada, en dous pases, un entre as 23:00 e as 12:00 da noite, e o segundo de 1:30 a 3:30 da madrugada.
-Mércores día 14 de agosto:
- ÁLEX UBAGO: O concerto principal deste día 14 será o do artista vitoriano Álex Ubago, que leva máis de 20 anos na industria musical e é un superventas dende o seu comezo. A súa actuación dará comezo ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada.
- Acompañando esa noite a Álex Ubago, estarán dous grupos monfortinos, COOL FLANDERS e MALENNE, que xa teñen demostrado a súa calidade musical e que están medrando cada ano. “Deste xeito, dende o Concello, un ano máis continuamos apostando con firmeza, dentro da programación das Festas Patronais, polo talento local, con dous grupos monfortinos que son dos máis destacados do noso Concello” salientou José Tomé.
- COOL FLANDERS actuará de 22:30 a 12 da noite, antes de Álex Ubago.
- MALENNE actuará de 1:30 a 3:30 horas.
-Xoves día 15 de agosto:
- ÁLVARO DE LUNA: O día grande das Festas Patronais actuarán como concerto principal Álvaro de Luna, un artista sevillano que segue consolidándose no panorama musical español con as súas exitosas xiras e cancións que logran posicionarse entre as favoritas do público. Actuará entre as 12:30 despois dos fogos artificiais no Castelo de S. Vicente, e as 2 da madrugada.
- ORQUESTRA ACORDES: Acompañando o concerto principal do día da Patroa, esta orquestra actuará en 2 pases, comezando o 1º entre as 23:00 e as 12 da noite, e o 2º de 2:00 a 4:00 da madrugada.
-Venres día 16 de agosto:
- LA LA LOVE YOU: O derradeiro día das festas actuará unha un dos grandes fenómenos musicais dos últimos anos no noso país, que en outubro de 2020, lograron alzarse co Premio MTV EMA a Mellor Artista Español. Este grupo, formado en Parla (Madrid), será o protagonista do concerto principal dese día actuando despois dos Fogos do Río, empezando ás 12:30 da noite e finalizando ás 2 da madrugada.
- ORQUESTA MIRAMAR: Para complementar o concerto de La La Love You, actuará esta orquestra en 2 pases, dende as 23:00 ata as 12 da noite e dende as 2:00 ás 4:00 da madrugada.
DATOS MÁIS DESTACADOS
Orquestra Panorama
Fundada en 1988, é considerada socialmente una das mellores orquestras de todo o país dentro do mundo do espectáculo e da verbena.
Auténticos ídolos en Galicia, son capaces de congregar a miles de persoas nas súas actuacións, ofrecendo un espectáculo audiovisual de primeiro nivel.
O 27 de Marzo de 2024 presentaron a súa Xira Nacional “IA Tour 2024”, con temática dedicada á intelixencia artificial.
Rozalén
En Spotify conta con 3.762.901 oíntes mensuais.
Rozalén canta ás emocións universais no seu novo disco, “El abrazo”, que é o seu sexto álbum de estudio, o disco quizais máis emotivo que ten feito ata o momento.
É unha das principais voces da nova canción de autor. Con seis traballos editados, cativou a público e crítica a partes iguais. No seu haber acumula distincións tan importantes como catro Discos de Ouro, dous de Platino, un Goya, o Premio Nacional de Músicas Actuais 2021, tres nomeamentos aos Latin Grammy.
Ademais, é unha importante activista social, defendendo coa súa música os dereitos das minorías e comunidades máis desfavorecidas.
Álex Ubago
En Spotify conta con 5.500.367 oíntes mensuais.
Alex Ubago leva máis de 20 anos na industria musical e é un superventas dende o seu comezo. É un dos artistas con máis escoitas mensuais nas plataformas dixitais.
Este ano regresa ós escenarios internacionais cunha xira moi especial, na que percorre os seus 20 anos de cancións, polo que o seu repertorio será moi coñecido para moitos dos asistentes ó concerto.
Álvaro de Luna
En Spotify conta con 2.599.897 oíntes mensuais.
Despois do gran éxito do seu primeiro single “Juramento eterno de Sal” e do seu primeiro disco “Levantaremos al Sol”, Álvaro de Luna segue consolidándose no panorama musical español coas súas exitosas xiras e máis cancións que logran posicionarse entre as favoritas do público.
Álvaro de Luna inicia a súa xira de presentación de “UNO” en Italia, Chile, Arxentina, Colombia e México a finais de 2023, e segue por toda a xeografía española durante 2024, empezando pola xira de salas, e pasando o verán polos mellores festivais do país, e tamén estará en Monforte.
La La Love You
En Spotify conta con 2.398.996 oíntes mensuais.
Son unha banda de Parla (Madrid), e coa súa canción "O Fin do Mundo", convertéronse nun dos grandes fenómenos musicais da década no noso país.
En outubro de 2020 e pelexando cos artistas das multinacionais máis poderosas, lograron alzarse co Premio MTV EMA a Mellor Artista Español, en marzo de 2021 resultaron galardoados como Artista Revelación nos Premios Odeón e en 2022 recibiron o Cuádruplo Disco de Platino pola súa canción «O Fin do Mundo», que supera xa os 135 millóns de reproducións en Spotify.
La La Love You son tamén un dos nomes imprescindibles de calquera festival de verán, esgotan todas as entradas das grandes salas onde van e xa actuaron por Xapón, Chile ou México.
O Alcalde concluíu destacando que “dende o Equipo de Goberno, consideramos que é unha programación moi axeitada con concertos de primeiro nivel para seguir mantendo as Festas Patronais de Monforte como un dos referentes de Galicia esperando que sexan moitos os galegos e galegas que nos visiten atraídos pola calidade dos concertos de Monforte”.
O investimento na contratación dos nos artistas e grupos musicais deste ano 2024, en números redondos, alcanza os 360.000€.