O Concello abre mañá o Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte, con produtos navideños e actividades para toda a familia

Monforte de Lemos, 20 de decembro de 2024. O Concello de Monforte abrirá as portas, mañá sábado 21 de decembro, do Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

 

Abre o Mercado de Nadal de Monforte

Deste xeito, o Mercado de Nadal de Monforte, abrirá as súas portas na Praza de Abastos monfortina mañá sábado 21 de decembro, con continuidade o domingo 22, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. Este mercado terá continuidade a vindeira fin de semana, os días 28 e 29 de decembro, co mesmo horario.

No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, como artesanía en coiro, pintura, bixutería, madeira, complementos téxtiles, calzados, produtos gourmet, galletas artesanais, tartas de queixo artesás, cosmética natural e moito máis. Estes produtos serán ofertados por 15 expositores cada día.

 

Programación para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O sábado 21 ás 12 da mañá, celebraranse dous Obradoiros artesanais: un para público infantil de pintura e decoración dunha árbore navideña e outro de coiro para tódalas idades, coa elaboración dun marcapáxinas ou ben unha pulseira de coiro.

Pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar o espectáculo de Duende CircoPallaso Total” e as 19:00 horas o Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza, que dará ideas de aperitivos navideños coa elaboración de tres alternativas diferentes a cargo do Chef Manuel Rodríguez.

O domingo 22 ás 12:00 h terá lugar un obradoiro de artesanía de elaboración de adornos de Nadal e pola tarde ás 18:30 h o espectáculo de Peter Punk para todas as idades.

Actuacións na rúa do Cardenal para animar ó comercio e á hostalería

Cada fin de semana, e como complemento e colofón a este Mercado de Nadal, terá lugar a actuación diversos grupos musical nun escenario ubicado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalería.

O sábado 21, a partir das 20:00 horas, actuará o grupo monfortino 7Rojo  e o sábado 28 á mesma hora, Movilla y los Irrepetibles.

O Alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.

 

Programación completa do Mercado de Nadal

As actividades que se ofertarán no Mercado de Nadal serán as seguintes:

Sábado 21 de decembro:     

  • 12:00 h- Obradoiro infantil de pintura e creación de árbores de Nadal.
  • 18:00 h- Actuación de Duende Circo co espectáculo “Pallaso Total”.
  • 19:00 h- Obradoiro de Cociña-Showcooking “Aperitivo de Nadal”.
  • A partir das 20:00 h., rúa Cardeal, actuación do grupo monfortino 7ROJO 

Domingo 22 de decembro:

  • 12:00 h- Obradoiro artesanal para decoración de Nadal.
  • 18:30 h- Actuación de Peter Punk con “Chungo que te cagas”.

Sábado 28 de decembro:

  • De 12:00 a 14:00 e de  17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
  • 18:30 h- Espectáculo de Títeres Alakrán co espectáculo Pequeno Kabaret de Tolos”
  • A partir das 20:00 h., rúa Cardeal, actuación do grupo monfortino MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES.

 

Domingo 29 de decembro:

  • De 12:00 a 14:00 e de  17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
  • 18:30 h- Espectáculo de maxia co mago Roberto Lolo co espectáculo “Mira el Coyote”.

 

RESEÑAS DAS ACTUACIÓNS NO MERCADO DE NADAL

Duende Circo conPallaso Total

Duende Circo é a creación de Víctor Cantero, dedicado a revolucionar e a sorprender en calquera momento e lugar. Un artista multidisciplinar e apaixonado da vida.

No seu espectáculo “Pallaso Total” poderase gozar das súas habilidades...  pero tamén dos seus fracasos, nunha posta en escena apta para todos os públicos. Non faltará o humor, os malabares, a música e a maxia na súa intervención artística.

 

Peter Punk con “Chungo que te cagas”

Peter Punk trae a Monforte o seu show “Chungo que te cagas”, un espectáculo divertido e irreverente que fará as delicias de cativas, cativos e maiores. 

Creando un universo propio, no que a liña de traba­llo é a diversión, o xogo preséntase como unha visión moi persoal do mundo. Amosará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tortazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional. O seu particular "Chungo que te cagas" é o "Máis difícil aínda!" do circo clásico.

 

Títeres Alakrán co espectáculo “Pequeno Kabaret de Tolos”

Grandes estrelas do mundo da música cobran vida nun espectáculo musical de marionetas, conducido e manipulado polo actor e titiriteiro Borxa Insua. Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix, Camarón de la Isla, un breakdancer sen papeis, o esquelete de Nina Hagen, Montserrat Caballé... son algunhas das figuras e das sorpresas que nos depara este pequeno cabaret.

Un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música... Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de divertir, involucrar ao público cunha espectáculo que animará tanto a pequenos como a maiores.

O Mago Roberto Lolo co espectáculo “Mira el Coyote”

O mago Roberto Lolo trae a Monforte o seu espectáculo “Mira el Coyote”, un show para todos os públicos que mestura diferentes estilos de maxia con moitísima diversión, risas e improvisacións.

Un espectáculo tamén con interacción e participación onde os espectadores xogan un papel importante.

Maxia moderna, actual, atemporal e cun mestre de cerimonias, Roberto Lolo, que destaca polas súa simpatía e facilidade para a comunicación.