Avaría na rede de subministro de auga

Monforte de Lemos, 17 de outubro de 2024. O Concello informa que na mañá de hoxe produciuse unha avaría no subministro de auga do municipio.

Concretamente, afecta na rúa Francisco Moure, dende o paso a nivel ata a altura da rúa Incio, á propia rúa Incio, dende o paso a nivel do Reboredo hacia o Polígono Industrial, e A Regueira.

A incidencia xa está sendo reparada , e agárdase que o servizo poida ser reestablecido o antes posible.

Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e veciñas, e rogamos disculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar.