Monforte de Lemos, 11 de marzo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros da Corporación municipal, persoal do Concello e veciños e veciñas da cidade, sumáronse este luns 11 de marzo, na praza do Campo de San Antonio, ó minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), no Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, e no que se cumpren 20 anos desde os terribles atentados que costaron a vida a 193 persoas en Madrid.
Esta concentración silenciosa foi unha mostra do recordo solidario do pobo monfortino en memoria dos falecidos, afectados e as súas familias, polos atentados ocorridos en Madrid o 11 de marzo de 2004.