O Alcalde asiste ó Concerto de Aninovo, no 75º aniversario da fundación da Sociedad Filarmónica de Monforte

Monforte de Lemos, 4 de xaneiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu na noite de onte venres 3 de xaneiro ó concerto inaugural do ano 2025, no que a Sociedad Filarmónica de Monforte celebra os 75 anos dende a súa fundación.

O Concello de Monforte de Lemos colaborou na celebración deste concerto inaugural, coa cesión das instalacións do Edificio Multiusos, así como contribuíu cun patrocinio económico do mesmo.

Deste xeito, o Auditorio do Edificio Multiusos acolleu dende as 8 da tarde o Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Clásica de Vigo, “A Clásica”, dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava.

O Alcalde estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, Cultura, Marina Doutón, Consumo, Regina López, Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz e Muller e Igualdade, Margarita López, así como o presidente da Sociedad Filarmónica de Monforte, Antonio Prado.

Ademais, tamén acudiron membros da Corporación municipal, alcaldes e representantes municipais da zona, así como outras autoridades, e numeroso público que acudiu a disfrutar deste primeiro concerto do ano no Edificio Multiusos.

 

Programa que se interpretou

  • F.J. Haydn….OBERTURA en Re mayor, Hob. Ia: 7
  • P. I. Tchaikovsky….EL LAGO DE LOS CISNES – Suite Op. 20 (selección)
    • Valse
    • Danse des cygnes
    • Danse espagnole
    • Mazurka
  • Josef Strauss….SPORT-Polka, Op. 170
  • Johann Strauss....INDIGO – Marcha, Op. 349
  • F. Chueca….PASARÚAS DOS BARQUILLEIROS – de “Agua, Azucarillos y Aguardiente.
  • T. Bretón….SEGUIDILLAS – de “La Verbena de la Paloma”
  • R. Soutullo….REDONDELA – Pasodoble
  • Johann Strauss....Marcha Radetzky