Monforte de Lemos, 22 de novembro de 2024. O Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade, organiza para este domingo 24 de novembro ás 18:00h., no Salón de Actos da Casa da Cultura un Contacontos teatralizado de igualdade “Dúas nenas moi moi valentes” dirixido a publico familiar, cunha duración de 45 minutos, e sendo a entrada gratuíta ata completar o aforo.
A compañía Trémola Teatro, integrada por profesionais das artes escénicas, porá en escena a historia de dúas nenas que, nunha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas.
Esta actuación está enmarcada dentro da programación de actos que a Concellería de Muller e Igualdade, a través do Centro de Información a Muller, realiza co gallo do 25 de Novembro Dia Internacional para eliminación da violencia de xénero.