O Alcalde preside a entrega de trofeos do XIX Memorial Jacobo Díaz Camino de fútbol que gañou o equipo monfortino do C.P. Calasancio

Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu na tarde de onte a entrega de trofeos do Torneo de fútbol xuvenil XIX Memorial Jacobo Díaz Camino.

Na entrega de trofeos ós 4 equipos participantes, o Alcalde estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a secretaria do CP Calasancio, Sandra Rodríguez, e por Luis Díaz.

O torneo, que se disputou no campo de fútbol Álex Blanco, contou coa participación do C.P. Calasancio de Monforte, o Deportivo de La Coruña, a S.D. Ponferradina de Ponferrada e o C.D. Calasanz de A Coruña.

Na final impúxose o equipo monfortino do C.P. Calasancio por 1 gol a 0 á Ponferradina.

O Torneo conta coa colaboración do Concello de Monforte e da Deputación de Lugo.