Monforte de Lemos, 6 de setembro de 2024. A primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, representaron hoxe ó Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e en representación do Alcalde, na concentración que tivo lugar hoxe ás portas da sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, convocada por diversos sindicatos, e na que o Equipo de Goberno apoia as reivindicacións do sector do viño da D.O. Ribeira Sacra.
A concentración, que se celebrou ás 12 h. na rúa Comercio, foi convocada en protesta pola falta de solucións e polas medidas insuficientes ante os problemas para a venda de uva, que veñen derivados a causa dos excedentes de viño tinto que acumulan as adegas.
Na concentración tamén participaron outros membros da corporación municipal, así como alcaldes e deputados da provincia.
O apoio do Concello as reivindicacións do sector do viño da D.O. Ribeira Sacra ben motivado porque se trata dun sector estratéxico fundamental para a economía de Monforte e da Ribeira Sacra, e tamén é esencial no eidos turístico e gastronómico da comarca.
Neste senso, cabe recordar que o Concello de Monforte, como capital da Ribeira Sacra, vai da man do sector porque o Executivo de José Tomé apoiou dende o primeiro momento ós viños desta Denominación de Orixe, tanto ós seus viticultores como ós seus adegueiros, ben organizando directamente accións promocionais, ben participando noutras iniciativas co fin de potenciar ó sector, e nas que destaca a organización do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.