Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2024. As Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e os Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, acudiron onte pola noite, en representación do Alcalde, ó auditorio do Edificio Multiusos, para presenciar o Concerto de Nadal 2024 do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez do Concello de Monforte.
O recital correu a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal nas súas diversas especialidades, dirixidos por Fernando Sanmartino.
As actuacións realizáronse en grupos de conxunto de saxofón, violín, clarinete/frauta, percusión, vento metal, así como coros e orquestra.
No concerto interpretáronse temas de temática navideña, así como obras de autores clásicos e modernos.
O auditorio do Edificio Multiusos encheuse practicamente de público coa que é unha das citas ineludibles do Programa de Nadal do Concello de Monforte.